Contrata por Internet sen pasares pola túa oficina BBVA
Esquécete de desprazamentos! Coa app BBVA, xestiona as túas finanzas sen te moveres do sofá e contrata fondos de investimento ou fai achegas a plans de pensións desde o móbil, validando mediante sinatura electrónica as túas operacións.
Faite cliente e deixa atrás o efectivo. Leva as tarxetas no móbil coa app do BBVA
Engade as tarxetas a Pagamento Móbil BBVA, Apple Pay, Google Pay ou Samsung Wallet
- Paga de forma fácil e rápida, sen quitar a carteira.
- Controla todos os teus pagamentos desde a app do BBVA.
- Apaga e acende as tarxetas para teres o diñeiro sempre controlado.
Simplifica as túas operacións bancarias
A través do Servizo Cambio de Banco BBVA, trae os teus ingresos, recibos domiciliados e incluso toda a túa conta noutra entidade e comeza a xestionar os teus produtos bancarios de forma sinxela e rápida desde a app BBVA: pagamentos programados, servizo de agregación, metas de aforro, etc.
Máis preto de ti
Fala co teu xestor, pide cita previa e quenda de caixa dixital, recibe notificacións sobre os teus produtos, axuda do asistente virtual Blue, etc. A app BBVA ofréceche novas vías de comunicación electrónica, para facer máis fácil o teu día a día.
Descarga a app do BBVA e saca partido a todas as súas vantaxes
Sempre á última, coa app BBVA!
O teu banco no móbil coa app do BBVA
A app que xa usan máis de 6 millóns de clientes.
Líder europeo en banca móbil por quinto ano consecutivo segundo a consultora Forrester.
Coa app podes apagar e acender as túas tarxetas, retirar efectivo de caixeiros BBVA co móbil, recibir notificacións instantáneas dos movementos da túa conta e moito máis.