Quality Funds

A área do BBVA especializada na selección de fondos internacionais

Área especializada en comparar, seleccionar e monitorizar os fondos máis destacados de xestoras internacionais líderes a nivel mundial 

Coñece os fondos internacionais seleccionados por Quality Funds

Pómosche máis fácil tomares a decisión

Accede á selección de fondos internacionais de Quality Funds e queda co que ti decidas.

Coñece Quality Funds

Coñece os fondos seleccionados por Quality Funds

Pomos á túa disposición as mellores ferramentas e información sobre os nosos fondos seleccionados

Para poderes tomar as túas propias decisións de investimento en fondos internacionais. 

  • Metodoloxía de selección propietaria que equilibra a análise cuantitativa e cualitativa, con grande importancia do control do risco e dos factores de sostibilidade.
  • Buscamos identificar fondos que, polos seus resultados e risco históricos, son os máis consistentes no longo prazo, para avaliar se poderán ser repetibles no futuro.
  • Levamos a cabo un seguimento continuo, para garantir que os fondos que pomos á túa disposición continúan a merecer a nosa confianza no longo prazo.

Metodoloxía Quality Funds

O número de fondos internacionais rexistrados en España é moi elevado, polo que para chegar aos fondos internacionais que seleccionamos é precisa unha sólida metodoloxía na que se valoran distintos aspectos:

  • Aspectos cuantitativos da selección: o noso modelo cuantitativo propio identifica os fondos máis consistentes en cada categoría, con base nos seus datos de rendibilidade e risco históricos.
  • Aspectos cualitativos da selección: enfocámonos nos fondos que destacan pola súa consistencia no longo prazo, para entender como se obtiveron os seus resultados, que experiencia ten o equipo xestor, como toman as súas decisións de investimento e os controis de risco cos que contan.
  • Dilixencia debida: realizamos un proceso exhaustivo para comprobar que tanto a xestora como os fondos contan cun robusto modelo de control dos riscos operacionais, máis alá dos propios do mercado e activo, e por iso merecen a nosa confianza. En Quality Funds analizamos o risco global e, por iso, todos os axentes implicados (xestora, custodio, depositario e fondo) deben pasar a nosa Due Diligence. É importante que a xestora conte cunha adecuada xestión do risco das posicións que están tomando os xestores, do mesmo modo que son relevantes as funcións doutras entidades que revisamos, como o banco custodio (onde están depositados os activos financeiros que comprou un xestor) e o administrador (responsable de calcular o valor liquidativo).

Equipo Quality Funds

Un equipo de máis de 30 profesionais con elevada experiencia e funcións diferenciadas:

  • Selección: En Quality Funds contamos cun amplo equipo de selectores especializados en contacto continuo cos xestores. A través dunha metodoloxía propia, analizamos aqueles fondos que destacan no longo prazo pola súa consistencia e estudamos como se explican estes resultados para avaliar se poderán ser repetibles no futuro.
  • Dilixencia debida: Porque sabemos que a tranquilidade é clave á hora de investir, un adecuado control do risco é igual ou máis importante que a consecución de bos resultados. É por iso que o noso equipo de dilixencia debida desempeña un papel fundamental no proceso de selección.
  • Solucións e experiencia cliente: queremos axudarche a tomares as mellores decisións de investimento en fondos internacionais. Por iso, traballamos día a día para pór á túa disposición todo o coñecemento dos nosos equipos de selección e de dilixencia debida.

Todo o que necesitas saber sobre fondos internacionais

Amplía os teus coñecementos en investimentos nacionais e internacionais