Como comprar unha casa?

Guía paso por paso para comprar a túa nova vivenda

Queres comprar unha casa? O BBVA axuda cada ano milleiros de persoas a compraren a súa vivenda. Sabemos que é un proceso longo e que adoitan xurdir moitas dúbidas, por iso creamos para ti esta guía paso por paso na que che explicamos todo o que precisas saber para comprar un inmoble:

  • Coñece os pasos que hai que seguir para comprar unha casa, sexa a túa primeira ou segunda vivenda.
  • Consulta cales son os trámites necesarios para a compravenda de vivendas novas e de segunda man.
  • Fai os teus números cos nosos simuladores de taxación e hipotecas.

Preguntas frecuentes sobre o proceso de compra dunha vivenda

O obxectivo desta guía é explicar, paso por paso e de forma simple, como é o proceso de compra dunha vivenda, xa sexa nova ou de segunda man e/ou se o inmoble é adquirido por un particular ou por unha empresa (como por exemplo un banco).

Na guía, ademais, poden consultarse os trámites necesarios para adquirir a casa, informarse sobre os tipos de hipoteca que se poden escoller ou mesmo realizar os cálculos que se necesiten, cos nosos simuladores, para saber o que se pagará ao mes por ela.