Descubre o teu límite co BBVA

Isto non é pedir un préstamo

Isto é Descubre o teu límite, unha nova experiencia de préstamos dixitais para non clientes que che permitirá coñecer que importe che podemos conceder no BBVA.

Fai realidade o teu proxecto dunha forma personalizada e responsable. Só terás que completar os teus datos persoais e conectar o teu banco.

Se non es cliente do BBVA, descubrir o importe que che podemos conceder é moi fácil:

  • Icona dun ordenador e un clic

    Sen papelame e sen pasar pola oficina

    Só terás que completar os teus datos persoais e conectar o teu banco habitual co BBVA. 
  • Ilustración dunha solicitude aceptada

    Darémosche resposta en 8 horas laborables

    En aproximadamente 8 horas laborables darémosche unha resposta co importe máximo que che podemos conceder. 
  • E sen ataduras: ti terás a última palabra

    Ti escolles se solicitar ou non o préstamo. Se decides contratalo non necesitarás pasar pola oficina nin abrir unha conta no BBVA.

Como funciona?

  • Coñece o importe máximo de financiamento que che podemos ofrecer no BBVA

    Aínda que non sexas cliente do BBVA poderás coñecer, mediante un estudo personalizado, o importe máximo que podes solicitar no BBVA. 

    Só terás que completar os teus datos persoais como nome e apelidos, DNI, data e país de nacemento e conectar o teu banco co BBVA para que en 8 horas laborables poidamos facer o teu estudo personalizado e ofrecerche un límite que se adapte á túa capacidade financeira. 

    Así que che comuniquemos o teu límite máximo de financiamento poderás decidir se queres solicitalo. No caso de que finalmente solicites o préstamo e tras ser aprobado, terás o diñeiro na túa conta do BBVA ao momento ou nun prazo superior a 48 h nunha conta doutro banco.

Coñecer o teu límite é así de sinxelo

Descubre o teu límite de financiamento

Ilustración de fondos sostibles

No BBVA traballamos para ofrecerche un financiamento responsable

Grazas á experiencia Descubre o teu límite, podemos axudar os nosos clientes a tomaren decisións de financiamento dunha forma personalizada e responsable. Axúdanos a coidar a túa saúde financeira.

Necesitas máis información?

A solicitude do préstamo non implica ningún tipo de aprobación deste por parte do BBVA, nin supón a súa concesión. O BBVA poderá denegar a operación unha vez estudadas as circunstancias concretas en cada caso.

Oferta válida para contratacións dixitais de novos clientes ata 20.000 € e un só titular. O produto non está dispoñible nas oficinas do BBVA.

Financiamento suxeito á aprobación previa do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.