Subministracións e subscricións
Fai un seguimento rápido e sinxelo dos teus gastos recorrentes.
Todos os teus gastos fixos ordenados
Así é máis sinxelo levares o control para conseguires que os teus gastos fixos non superen o 50 % dos teus ingresos mensuais e poderes redistribuír o resto en gastos variables e aforro.
Revisa facilmente desde a app do BBVA todas as túas subministracións e subscricións
-
Pagamento de subministracións
Repasa, de forma sinxela e organizada, o teu gasto en servizos como a subministración de auga, luz e gas, entre outros. E realiza seguimento da súa evolución media durante o ano, así como mes a mes. -
Gasto en subscricións
Poderás ver dunha ollada cantas subscricións tes dadas de alta e o custo que supoñen todas xuntas, ao mes e ao ano. Ademais, poderás simular canto aforrarías se te deses de baixa dalgunha delas.