A pegada de carbono dunha empresa é a totalidade de gases efecto invernadoiro emitidos por impacto directo ou indirecto a través da actividade que desenvolve a empresa.
Pegada de Carbono é unha funcionalidade que ofrece o BBVA aos usuarios da Banca Online BBVA Empresas.
Esta funcionalidade ofrece aos usuarios de BBVA Online Empresas dous servizos: o servizo relativo ao cálculo estimado da túa pegada de carbono (a “Ferramenta”) e o servizo de financiamento daqueles bens e servizos destinados a reducir o impacto da pegada de carbono ofrecido polo BBVA.
1. Servizo relativo ao cálculo estimado da túa pegada de carbono (a “Ferramenta”).
Para poder acceder a este servizo, o BBVA analiza a información dos pagamentos rexistrados nas túas contas e nas contas doutros bancos agregadas no BBVA Agregador financeiro relativos a:
- Enerxía/Electricidade: inclúe todos os movementos identificados como correspondentes a cargos, transferencias e pagamentos con tarxetas relacionados con recibos de gas e electricidade. A Ferramenta non permite separar os pagamentos de electricidade dos que corresponden a gas ou a outros combustibles fósiles. Tamén é preciso indicar que a factura enerxética incluída corresponde á totalidade do custo e a outros gastos non relacionados coa enerxía. Esta inclusión pode sobrevalorar levemente as emisións calculadas para esta fonte.
- Combustible: inclúe todos os pagamentos con tarxeta en gasolineiras, cargos con cheques de carburante e recibos en estacións de servizo. Polo tanto, aos gastos propios en combustibles nas gasolineiras poden engadirse tamén outros gastos realizados en estacións de servizo como cafetaría, etc. Esta inclusión pode sobrevalorar levemente as emisións calculadas para esta fonte.
As fontes principais empregadas na Ferramenta BBVA son a Oficina Española de Cambio Climático do MITECO para combustibles e a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia para enerxía/electricidade.
Estes dous organismos oficiais actualizan os seus factores ano vencido. Os factores de combustibles adoitan ser constantes, pero os de electricidade poden ter variacións anuais importantes en función da cesta de produción nacional e da cesta das diferentes comercializadoras de electricidade. Estas flutuacións non se poden anticipar, por iso, a Ferramenta BBVA emprega sempre os últimos factores de emisión oficial publicados e dispoñibles.
A Ferramenta facilitará a información relativa á pegada de carbono mensualmente. Para converter os pagamentos de combustibles e electricidade, a Ferramenta recorre sempre á última información oficial dispoñible (informe mensual de prezos e tarifas publicado pola Secretaría de Estado de Enerxía cun mes de atraso para os combustibles e a última estatística do Eurostat dispoñible no semestre do pagamento para a electricidade e o gas natural). Por tanto, o dato resultante pode non estar actualizado.
Os datos de medición de "A miña pegada de carbono" son simples estimacións que se poderían afastar moito da medida real que se che facilitaría se o BBVA contase co 100% dos consumos reais da túa empresa. Están baseados en informacións e estatísticas parciais que cada mes calcula a Ferramenta.
O servizo incluirá entre as súas funcionalidades outros servizos de valor engadido como a clasificación por tipo de gasto en combustible e enerxía e información agregada.
Para poder prestarche adecuadamente o servizo e poder ofrecerche información estatística, autorizas a que o BBVA anonimice e disocie de forma irreversible e agregada a información obtida pola prestación deste servizo, non permitindo a identificación de ningún titular deste, nin clientes, nin de calquera outras empresas.
O servizo tamén che permitirá visualizar a partir do cálculo do impacto ambiental o importe anual que supón o pagamento en enerxía e combustible.
Con base neste cálculo, o BBVA porá á túa disposición unha calculadora para que poidas establecer obxectivos de aforro mediante distintas fórmulas de redución do teu impacto ambiental.
Os datos que facilita esta calculadora son orientadores e non teñen en conta as distintas variacións que poidan sufrir os prezos dos consumos nin outros factores.
As conclusións que poidas obter do uso do servizo e as decisións que poidas adoptar de acordo co uso ou coa información ou análises ofrecidas a través desta son da túa exclusiva responsabilidade. A este respecto, non se poderá considerar en ningún caso que a información ou análises ofrecidas a través do servizo supoñen asesoramento legal, fiscal, financeiro, de investimento, técnico, nin oferta ou garantía por parte do BBVA, nin se deben entender como unha recomendación para realizar operacións, nin constituír a base para unha toma de decisión nunha dirección determinada.
O BBVA non se responsabiliza do uso que do dato facilitado se poida realizar, especialmente no suposto de que este non fose actualizado e verificado, en cumprimento de normativas presentes ou futuras.
O MITECO proporciona un documento metodolóxico da pegada de carbono que pode ser consultado en: https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/mitigacion-politicas-y-medidas/guia_huella_carbono_tcm30-479093.pdf
2. Servizo de financiamento “Financiamento Eficiencia Enerxética” prestado polo BBVA:
O BBVA ofrece distintas fórmulas de financiamento de iniciativas sostibles para mellorar a eficiencia enerxética da empresa: renting, leasing, contas de crédito, préstamos. Este servizo consiste no estudo por parte do BBVA de financiamento destinado a reducir o impacto da pegada de carbono (substitución de lámpadas led, motores, caldeiras, etc.).
En caso de a empresa estar interesada en solicitar financiamento para reducir o seu impacto ambiental, a operación de financiamento quedará suxeita á aprobación previa do BBVA e non constituirá unha oferta de financiamento que vincule nin o BBVA nin a empresa.