Google Pay

Paga coa túa tarxeta BBVA, de forma rápida e cómoda, en tendas con TPV contactless, webs e apps.

Paga co teu móbil Android en tendas, sen necesidade de sacares a tarxeta.

  • Engade a túa tarxeta BBVA ao Google Pay desde a app.
  • Compra en webs e apps, sen teres que teclear os teus datos cada vez.
  • Os teus pagamentos son totalmente seguros. 

Que é Google Pay?

  • Comezar a utilizar Google Pay para facer as túas compras é moi fácil. Só necesitas engadir as túas Tarxetas BBVA ao Google Pay. Ademais, pódelo facer directamente desde a app do BBVA sen necesidade de instalares outra app. É tan sinxelo como decidir con que tarxeta queres pagar, seleccionala desde a "Posición global" da app e premer o botón "Configurar Google Pay".

    A que esperas para engadir a túa Tarxeta BBVA ao Google Pay e gozar de todas as súas vantaxes?

    • Paga co teu móbil Android en tendas físicas sen necesidade de levares nada máis. Para facelo só terás que desbloquear o teu móbil e achegalo ao TPV. 
    • Paga en webs e apps sen teres que teclear o número da tarxeta en cada compra. É tan cómodo como buscar o logo de Google Pay e premer sobre o botón para seleccionar este sistema de pagamento. 
    • Compra de forma segura. Cando usas Google Pay para realizar os teus pagamentos, a información real da túa tarxeta nunca se comparte co comercio, senón que se envía, no seu lugar, un número cifrado único por operación. 

    Consulta que tarxetas se poden engadir a Google Pay na app do BBVA. A lista de tarxetas do BBVA que non se poden incluír no Google Pay recóllese nos Termos e condicións de BBVA-Google Pay. 

    Google Pay é unha marca rexistrada de Google LCC. Para pagar coa app do BBVA é necesario que o titular da tarxeta BBVA teña un dispositivo Android compatible.

    Ver vídeo Google Pay

O teu banco no móbil coa app do BBVA

Tamén che podería interesar