App BBVA Empresas

A xestión financeira da túa empresa esteas onde estiveres.
Ver vídeo

Como empezar a utilizar a app BBVA Empresas

1. Descarga e instala hoxe mesmo a app e comeza a operar coas túas claves de conexión habituais da versión web. Sen necesidade de asinar ningún contrato adicional
 
2. Sigue uns sinxelos pasos para activar o teu token móbil (integrado na app) e asinar operacións.
 

Funcionalidades máis frecuentes da túa banca en liña

Accede comodamente desde a app.
  • Consulta os teus movementos e o documento de cargo/aboamento asociado.
  • Obtén información completa da túa posición financeira: produtos de investimento e aforro, financiamento, seguros e avais.
  • Tarxetas: consulta os movementos, realiza traspasos e, no caso de perderes a tarxeta, bloquéaa desde o móbil.
  • Ordena as túas transferencias nacionais e internacionais e obtén o xustificante. Podes ver máis información sobre isto neste vídeo.
  • Anticipa as túas facturas de confirming.
  • Realiza outras xestións como devolución de recibos, etc.

Coñece algunha das funcionalidades básicas da app neste vídeo.

Sempre que che sexa posible, asina as operacións desde app BBVA Empresas

Asina 100 % desde a app, é máis fácil:
  1. Accede á app BBVA Empresas coas túas claves habituais.
  2. Localiza a opción de <Sinaturas e ficheiros> desde o menú lateral.
  3. Selecciona as túas operacións pendentes e asínaas, sen necesidade de incluír ningún código adicional (o token está integrado na app).

Se realizaches a operativa na versión app, poderala asinar directamente. Ver vídeo.

E se prefiro asinar no web?

  1. Cando vaias realizar a operación serache solicitado un código que debes xerar na app (token móbil).
  2. Para xerar este código, selecciona <Xerar código de seguridade> desde a pantalla de acceso (sen necesidade de acceder á app).
  3. Introduce o identificador da operación (que ves na pantalla/versión web) para xerar o código de seguridade.
  4. Automaticamente, a app xerará o código que necesitas para asinar a operación no web.

Descarga a app BBVA Empresas

Outras vantaxes de usar a app BBVA Empresas