BBVA My Business

Controla as vendas e os TPV do teu negocio, desde o móbil.

Consigue máis control sobre o teu negocio.

Todas as vantaxes de My Business están na app do BBVA e na app da banca en liña para empresas.
  • Seguimento de vendas pasadas e vendas en tempo real.
  • Posibilidade de engadir outras formas de cobramento e de solicitar liquidez co Préstamo TPV Online*.
  • Creación de filtros e comparativas entre diferentes períodos e comercios.

Por que comezar a usar BBVA My business?

  • BBVA My Business é unha nova funcionalidade dirixida a todos os clientes que teñan TPV do BBVA, físicos ou virtuais. Poderán xestionar as vendas e remesas de ata dez TPV. 

    Permite aos comercios e autónomos controlaren o día a día dos seus negocios, comodamente e desde o móbil. Só necesitarán ter a app BBVA, se son autónomos, ou a app BBVA Empresas, se son empresas, para poderen acceder a esta nova experiencia.

    As vendas e devolucións rexistradas no TPV son mostradas por días, meses e anos. Ademais, o cliente dispón dunha útil comparativa con períodos anteriores. Con todo iso ten unha visión rápida e intuitiva da facturación. 

    Grazas aos filtros dispoñibles, tamén poderán buscar datas concretas e encontrar determinadas vendas, o que facilita a xestión do día a día do comercio.

    My Business tamén permite consultar as vendas e as devolucións realizadas polo comercio en tempo real.

    Conta tamén con gráficas e información sobre as vendas dos últimos sete días, o gasto medio dos seus clientes, o día de maior e menor facturación e o comercio mesmo poderá realizar comparativas entre distintos períodos de tempo e diferentes comercios. Todo isto permitirá ao comercio facer un mellor seguimento e tomar decisións estratéxicas para mellorar o seu negocio.

    Ademais, ofrece información sobre a facturación que o comercio realizou noutras divisas utilizando o servizo de DCC

    A nova experiencia My Business tamén inclúe algunhas solucións de negocio útiles para as empresas, cun límite de 10 comercios. Por exemplo, os clientes que teñan límite dispoñible poderán solicitar o Préstamo TPV Online para teren liquidez no seu día a día.

    * O Préstamo TPV Online está suxeito á aprobación previa do BBVA.

Utiliza BBVA My Business

desde a app do BBVA se es autónomo ou desde a app BBVA Empresas se es empresa.