Hostalaría e restauración BBVA

Impulsa o teu restaurante coas solucións do BBVA

No BBVA ofrecémosche solucións especializadas e adaptadas ás necesidades do teu establecemento hostaleiro.

Especialistas en ofrecerche solucións para o teu restaurante

  • Financiamento xusto á túa medida

    Coas solucións financeiras do BBVA, xestiona o teu bar ou restaurante de maneira máis áxil e sinxela.
  • Protexe o que máis che importa

    Blinda o teu establecemento con seguros pensados para poder facer fronte a vicisitudes e contratempos.
  • Comprometidos co sector hostaleiro

    Pomos ao teu servizo solucións que che axudarán a acadar os obxectivos do teu restaurante.
  • Sostibilidade e hostalaría, da man

    Da man do BBVA, aforra no teu negocio a través dunha xestión respectuosa co medio natural.

Que necesita o teu bar ou restaurante?

Coñece os TPV máis usados en hostalaría

    • Cobra en calquera lugar
    • Permite instalar apps de xestión
    • Inclúe rede 4G e admite conexión wifi
    • Acepta máis tipos de pagamentos estranxeiros
    • Converte o teu teléfono móbil nun TPV conectando por Bluetooth un lector de tarxetas.
    • Descarga a app BBVA Cobros e acepta pagamentos co móbil desde calquera lugar.
    • Non ten impresora, xera tíckets dixitais.
    • Dispoñible tamén con opción de lector Bluetooth.
    • Facilita o pagamento aos teus clientes: xera as túas ligazóns de cobramento ou crea os teus códigos QR e compárteos por correo electrónico, mensaxaría instantánea, redes sociais, etc.
    • Non necesitarás ter unha páxina web nin facer desenvolvementos informáticos.
    • Os teus clientes poderán pagarche facilmente a través de tarxeta ou Bizum.
Saber máis sobre TPV

Financiamento á túa medida

  • Conta cun préstamo inmediato para ocuparte de calquera necesidade do teu negocio.
    • Solicita desde 300 € ata 50.000 €.
    • Recíbeo na túa conta ao momento, sen papelame e sen xustificar o uso.
    • Devólveo ao teu ritmo coa facturación do teu negocio nun máximo de 150 días.
    • Paga só a comisión de apertura.
  • Un límite de crédito para os pagamentos habituais do teu negocio sen custo de activación.
    • Financia pagamento a provedores, impostos, nóminas, seguros sociais ou o cobramento das túas facturas.
    • Só pagas unha comisión pola disposición do diñeiro que usas do teu límite, que varía en función do prazo ou da finalidade para a que o utilices.
    • Sen comisión de cancelación anticipada.

     

     

    • Sen límite máximo, o que a túa empresa necesite.
    • Ata 10 anos de prazo para devolvelo.
    • Tipo de xuro fixo, variable ou mixto.
  • Un préstamo a longo prazo que che permite obter financiamento para os investimentos do teu negocio como vehículos, maquinaria, entre outros. 
    • Ata 50.000 € para autónomos e pemes. 
    • Dispoñible na túa conta tras a sinatura
    • Tipo de xuro fixo e personalizado.
  • Financia ata o 70 % da compra de locais, oficinas ou naves do teu negocio coa máxima flexibilidade.
  • Unha conta con límite de crédito para levares as contas ao día e contares con liquidez.
    • Ata 50.000 € ao ano para o día a día do teu negocio.
    • Financia o que necesites, sen presentar xustificantes.
    • Contratación inmediata e 100% en liña.
Ver máis

Seguros para o teu bar ou restaurante, e para ti

Ver máis

Guiámoste coas mellores solucións para a apertura do teu restaurante

Fondos europeos Next Generation

Fai crecer o teu negocio grazas ás axudas europeas aprobadas para novos proxectos de sostibilidade, dixitalización e cohesión e igualdade.

Queres abrir o teu propio negocio?

No BBVA, temos o que buscas: unha guía e un asesoramento paso a paso para acompañarte en cada unha das accións encamiñadas a pór en marcha o teu proxecto. 

Protexe o porvir do teu restaurante, e do planeta

Iniciativa pioneira dentro do sector

O BBVA únese a Coca-Cola e Ecodes para o financiamento sostible da hostalaría

O acordo busca axudar os máis de 8.500 establecementos adheridos a Hostalaría #PorElClima, e a calquera negocio do sector.

O BBVA e Coca-Cola asinaron un acordo que permitirá mobilizar financiamento de proxectos e medidas orientadas á descarbonización de bares, restaurantes e outros establecementos hostaleiros.

Os propietarios interesados deberán solicitar este financiamento vantaxoso a través da iniciativa Hostalaría #PorElClima. ECODES encargarase de valorar o proxecto que vai financiar como fase previa á decisión final do BBVA.

O Celler de Can Roca, o triunfo dunha empresa familiar

Coñece como, desde o BBVA, proporcionamos ao Celler de Can Roca, un dos restaurantes máis prestixiosos do mundo, ferramentas que fomentan a gastronomía sostible e contribúen a avanzar cara a unha produción alimentaria máis verde.

Descubre o futuro sostible co BBVA

Ofrecémosche solucións para aforrar no teu restaurante de maneira sostible. Xuntos podemos facer que a túa actividade profesional sexa respectuosa co medio ambiente.

O Celler de Can Roca, o triunfo dunha empresa familiar

Coñece como, desde o BBVA, proporcionamos ao Celler de Can Roca, un dos restaurantes máis prestixiosos do mundo, ferramentas que fomentan a gastronomía sostible e contribúen a avanzar cara a unha produción alimentaria máis verde.

Facemos máis doado o día a día do teu bar ou restaurante

Aquí tes máis información útil