Plan de Aforro Enerxético BBVA para empresas e autónomos

Podes aforrar diñeiro aforrando en enerxía no teu negocio

Se a túa empresa é máis eficiente, os gastos baixan e a pegada de carbono redúcese. Como axuda para mellorares esa eficiencia, ofrecémosche o Plan de Aforro Enerxético BBVA: un conxunto de produtos e ferramentas e unha rede de xestores na que apoiarte.

Cámbiate á enerxía solar e aforra no teu negocio

  •  Aproveita o financiamento con condicións especiais para paneis solares. Ademais, o noso socio enerxético ofréceche:

    • Instalación de paneis cun 5% de desconto exclusivo para clientes BBVA.
    • Axuda para buscar e tramitar as subvencións.

Gustaríache optimizar o gasto enerxético da túa empresa?

Desenvolvemos unha ferramenta que che permite saber cal é o impacto ambiental da túa empresa e cal é a súa tradución a euros. Pode axudarche a descubrir por onde empezar a aforrar.

Es autónomo? Hai ferramentas específicas para ti

Podes utilizar o simulador de aforro enerxético e o comparador de coche eléctrico na app. Serviranche de axuda para veres como optimizar algúns dos teus gastos máis habituais.

Solucións de financiamento para realizar a transición cara a un negocio máis sostible

    • Redución de perda de enerxía.
    • Axuste do consumo enerxético segundo as necesidades da túa empresa.
    • Optimización do rendemento enerxético.
    • Incorporación de paneis solares para xerar a túa propia enerxía.
    • Apoio para encontrar o instalador que máis che compensa.
    • Aforro na túa factura e redución de pegada de carbono.
    • Renting de vehículos eléctricos e híbridos enchufables.
    • Aforro en combustible e redución de emisións.

Estás buscando axudas públicas? Presentámosche as opcións que máis se axeitan ao teu caso.

Axudámosche a encontrar a subvención máis axeitada para cumprir os teus obxectivos de aforro e eficiencia enerxética xunto a Minsait.

Algunhas preguntas que che poden xurdir

Máis información sobre aforro e sostibilidade nas empresas

  • Os cálculos de posibles aforros, ou os referentes ao dato de medida de impacto ambiental que provoca a súa empresa, serán sempre simples estimacións orientadoras, baseadas en estudos publicados por diversos organismos oficiais que facilitan datos das medias de consumos por sectores, tendo en consideración os prezos de mercado actuais, e en contraste cos extraídos dos seus movementos de conta enerxéticos domiciliados nas súas contas, coa súa previa autorización. Polo tanto, advírtese de que se poderían afastar da súa medida real se contásemos coa información completa da súa empresa. Por todo isto, os importes ou porcentaxes de aforro futuro que puidesen chegar a indicarse non deberán entenderse nunca como definitivos nin como promesa, por estaren baseados en informacións e estatísticas parciais. Polo tanto, é responsabilidade da empresa realizar os cálculos e medidas que precise antes de tomar decisións.
    Adicionalmente, para a correcta determinación do potencial aforro total, deberanse contemplar tanto o prazo e os gastos do posible financiamento como os gastos propios dos investimentos acometidos.
  • Este documento non constitúe oferta vinculante ou recomendación do BBVA para a contratación de calquera produto e/ou servizo, nin substitúe ou modifica a documentación precontractual e contractual correspondente que puidese contratarse no futuro, cuxa formalización estará sempre suxeita a análise e aprobación previa do BBVA.
  • O BBVA pode orientar o cliente sobre os trámites para acceder ás diferentes axudas públicas e/ou subvencións, a través de varios colaboradores, que realizarán cálculos orientadores, usando as fontes legais dos propios organismos públicos como partícipes nos diferentes programas de canalización dos fondos. A concesión e acceso ás axudas ou subvencións non dependerá do BBVA, senón da idoneidade de cada solicitante e do proxecto de investimento presentado.
  • Os cálculos de posibles aforros serán sempre estimacións, baseadas en publicacións de organismos oficiais que facilitan datos das medias de consumo por sectores, tendo en conta os prezos de mercado actuais, e en contraste cos extraídos dos seus movementos de conta de subministracións enerxéticas, coa súa autorización previa e sendo responsabilidade da empresa a realización dos cálculos e medidas que precise antes da toma das súas decisións.