É unha fórmula de financiamento baixo arrendamento financeiro, cun pagamento final elevado (última cota), dirixida a empresas que desenvolven unha actividade comercial, industrial, agraria ou de servizos co fin de posibilitar o financiamento de bens inmobles construídos ou en construción, que poidan ter varias utilidades ou usos e que poidan albergar distintas actividades comerciais ou empresariais afectos á súa actividade.
Permite ter a oportunidade de acceder a inmobles en mellor localización e maior tamaño que cun financiamento tradicional e, ademais, podes aproveitarte de importantes vantaxes fiscais. O prazo destas operacións é dun mínimo de 10 anos.