Aviso legal e condicións de uso
-
Aviso legal
-
Condicións de uso
Tratamento legal
Denominación social: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.
Número de identificación fiscal: CIF A-48265169
Domicilio social: Plaza San Nicolás, 4, 48005 Bilbao
Inscrición no Rexistro Mercantil: BBVA está inscrita no Rexistro Mercantil de Biscaia, tomo 2.083, folio 1, folla BI-17-A, inscrición primeira
Enderezo electrónico de contacto: Para calquera consulta, o usuario pode pórse en contacto co BBVA a través do enderezo electrónico: consultasgenerales@bbva.com.
A continuación, expóñense os termos e condicións de uso do Sitio Web (as "Condicións de uso"), cuxos usuarios deberán cumprir en todo momento.
Aceptación das condicións de uso
As presentes Condicións de uso regulan a utilización do Sitio Web que o BBVA pon a disposición dos Usuarios.
As Condicións de uso canda o Aviso legal, o Tratamento de datos persoais e a Política de cookies constitúen no seu conxunto os termos e condicións que rexen o acceso e uso da parte pública do Sitio Web (os "Termos e condicións do Sitio Web"). Os clientes do banco teñen acceso á área privada do sitio web, previa sinatura do contrato multicanle; ou, para o uso e acceso á área privada da banca en liña para empresas a través do sitio web, o contrato de adhesión aos servizos telemáticos.
O acceso e utilización do Sitio Web por parte do Usuario supón que este acepta na súa totalidade e obrígase a cumprir por completo os Termos e condicións do Sitio Web. Polo tanto, o Usuario debe ler atentamente as presentes Condicións de uso así como os restantes Termos e condicións do Sitio Web en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o Sitio Web, xa que estes poden sufrir modificacións que serían comunicadas ao Usuario co novo acceso. O BBVA resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar os presentes Termos e condicións da web.
Condicións de uso do sitio web
O Usuario obrígase a facer un bo uso do Sitio Web, entendéndose por bo uso o que sexa conforme coa lexislación vixente, boa fe e orde pública. Igualmente, o Usuario comprométese a non usar o Sitio Web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo ningunha conduta que puidese danar a imaxe, os intereses e os dereitos do BBVA ou de terceiros. Así mesmo, o Usuario comprométese a non realizar ningún acto con obxecto de danar, inutilizar ou sobrecargar o Sitio Web, ou que impedise, de calquera forma, a normal utilización e funcionamento deste.
Infórmase o Usuario de que, no caso de que incumpra o contido ou as obrigas que se derivan dos Termos e condicións do Sitio Web ou de calquera outros termos ou condicións particulares recollidos no Sitio Web, o BBVA resérvase o dereito a limitar, suspender ou terminar o seu acceso ao Sitio Web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria con ese fin. Así mesmo, o BBVA resérvase a posibilidade de exercer tales medidas no suposto de que sospeite razoablemente que o Usuario está vulnerando calquera dos termos recollidos nos Termos e condicións do Sitio Web ou de calquera outros termos ou condicións particulares recollidos no Sitio Web.
O BBVA resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida no Sitio Web, incluíndo os contidos e/ou servizos que nel se integran, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso á devandita información, en calquera momento e sen aviso previo. Especialmente, o BBVA resérvase o dereito a eliminar, limitar ou impedir o acceso ao Sitio Web cando xurdan dificultades técnicas por feitos ou circunstancias alleas ao BBVA que, ao seu criterio, diminúan ou anulen os niveis de seguridade ou estándares adoptados para o axeitado funcionamento do devandito Sitio Web. Para tal fin, o BBVA resérvase a facultade de, en todo momento, decidir sobre a continuidade dos servizos da sociedade da información que presta a través do Sitio Web.
Contido do sitio web
Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre o Sitio Web, incluíndo a disposición dos contidos deste, o dereito sui generis sobre as bases de datos subxacentes, o deseño gráfico e interface de Usuario do Sitio Web (look & feel), os programas de ordenador subxacentes (incluídos os códigos fonte e obxecto), así como os distintos elementos que integran o Sitio Web (textos, gráficos, fotografías, vídeos, gravacións sonoras, etc.) (os "Contidos"), corresponden ao BBVA ou aos seus licenciantes. Con respecto aos signos distintivos incluídos no Sitio Web (marcas e nomes comerciais), estes son titularidade do BBVA ou dos seus licenciantes.
O uso do Sitio Web por parte do Usuario non supón a cesión de ningún dereito de propiedade intelectual e/ou industrial sobre o Sitio Web, os Contidos e/ou os signos distintivos do BBVA. Para tal fin, mediante as presentes Condicións de Uso, agás naqueles supostos en que estea legalmente permitido ou medie autorización previa do BBVA, queda expresamente prohibido ao Usuario a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extracción e/ou reutilización do Sitio Web, os seus Contidos e/ou os signos distintivos do BBVA ou de calquera outros terceiros incorporados ao Sitio Web. O BBVA resérvase a posibilidade de exercer as accións legais que correspondan contra os Usuarios que violen ou infrinxan os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial.
O BBVA outorga, aos Usuarios que respecten os Termos e Condicións do Sitio Web unha autorización para utilizar o Sitio Web, con carácter non exclusivo, durante o período máximo de vixencia dos dereitos de propiedade intelectual e industrial segundo estableza a normativa aplicable (agás no caso de que se suspenda o seu acceso ao Sitio Web por causa xustificada) e coa finalidade de que o Usuario poida utilizar o Sitio Web de conformidade co presente documento.
Así mesmo, o BBVA DECLARA o seguinte:
- A información contida no Sitio Web ten finalidade informativa e non proporciona ningún tipo de recomendación, polo que non pode ser considerada en ningún caso como asesoramento legal, fiscal, financeiro, de investimento, técnico, nin oferta ou garantía por parte do BBVA, nin debe ser entendida como unha recomendación para realizar operacións, nin constituirá a base para unha toma de decisión nunha dirección determinada, declinando o BBVA toda responsabilidade polo uso que da información contida no Sitio Web se poida facer en tal sentido e, de forma específica, ten que entenderse que esa información, sometida á normativa vixente en España non vai destinada a aqueles Usuarios que actúen baixo outras xurisdicións doutros estados que esixan o cumprimento de requisitos distintos para a posta a disposición, divulgación ou publicidade de información deste tipo.
- A información fornecida polo BBVA no Sitio Web non constitúe unha opinión técnica do BBVA.
- O BBVA non se fai responsable de que a información contida no Sitio Web responda ás expectativas do Usuario. O BBVA non responde da veracidade, exactitude, suficiencia, integridade ou actualización das informacións que non sexan de elaboración propia e das que se indique outra fonte. Tampouco se fai responsable o BBVA das opinións ou comentarios que poidan aparecer no Sitio Web, xa que, ou ben poderían ser realizadas polos Usuarios a título persoal, ou ben provir das fontes que se indican.
- O BBVA resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida no Sitio Web nos termos sinalados anteriormente, sen asumir ningún compromiso de comunicar cambios nin modificar o contido deste. O Usuario RECOÑECE E ACEPTA as declaracións do BBVA anteriores e adicionalmente, GARANTE o cumprimento da normativa que lle sexa de aplicación na súa condición de Usuario deste Sitio Web.
Establecemento de ligazóns co Sitio Web
Queda prohibido o establecemento de ligazóns con destino ao Sitio Web, a menos que esta fose previamente autorizada polo BBVA. En calquera caso, unha vez autorizada a ligazón polo BBVA, esta deberá establecerse nos seguintes termos:
- A ligazón non poderá consistir en frames ou marcos que permitan a visualización do Sitio Web a través de enderezos de Internet distintos aos do Sitio Web ou que de calquera outra forma mostren conxuntamente a información do Sitio Web coa incluída noutras páxinas web.
- Non se realizarán desde a páxina web que introduce a ligazón (o "Sitio Enlazador") ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o Sitio Web e/ou o BBVA.
- En ningún caso a autorización outorgada polo BBVA significa que: (i) O BBVA patrocine, colabore, verifique ou supervise o contido e/ou os servizos que se prestan a través do Sitio Enlazador; nin (ii) que o BBVA sexa de ningún xeito responsable do contido do Sitio Enlazador.
- O Sitio Enlazador deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso albergar contidos, propios ou de terceiros, que: (i) sexan ilícitos, lesivos de dereitos de terceiros, nocivos, denigrantes, violentos, desaxeitados ou de calquera outro xeito contrario á moral, aos usos e aos bos costumes (pornográficos, racistas, etc); (ii) induzan ou poidan inducir no Usuario a falsa concepción de que o BBVA subscribe, protexe, adhírese ou de calquera maneira apoia, as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas do remitente; e (iii) resulten desaxeitados ou non pertinentes en relación coa actividade do BBVA.
No suposto de incumprimento de calquera dos termos antes enunciados, o BBVA poderá adoptar as medidas legais que procedan para tal fin.
Sitios conectados
Para axudar o Usuario a encontrar información adicional, o BBVA podería incluír diversos dispositivos técnicos de ligazóns que permitan ao Usuario acceder a outras webs (os "Sitios Conectados"). Nestes casos, o BBVA actúa como un prestador de servizos de intermediación, segundo o que se dispón no artigo 17 da LSSI. De acordo co previsto na devandita lexislación, o BBVA non será responsable dos servizos e contidos facilitados a través dos Sitios Conectados, a non ser que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non desactivase a ligazón coa debida dilixencia.
En ningún caso a existencia de Sitios Conectados comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade do BBVA coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través dos Sitios Conectados. En consecuencia, o BBVA non se fai responsable do contido dos Sitios Conectados, nin das súas condicións de uso e políticas de privacidade, e será o Usuario o único responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda a eles e que os use.
Comunicación de actividades de carácter ilícito e desaxeitado
No caso de que o Usuario ou calquera outro Usuario de Internet tivese coñecemento de que calquera clase de información ou contido do Sitio Web ou facilitados a través deste é ilícito, lesivo de dereitos de terceiros, nocivo, denigrante, violento, desaxeitado, contrario ao que se establece nas presentes Condicións de Uso ou, de calquera outro xeito, contrario á moral, usos e bos costumes, poderá pórse en contacto co BBVA indicando os seguintes termos:
- datos persoais do comunicante: nome, enderezo, número de teléfono e enderezo electrónico;
- descrición dos feitos que revelan o carácter ilícito ou desaxeitado do contido ou información así como o enderezo concreto en que se encontra dispoñible;
- no suposto de violación de dereitos de terceiros, tales como propiedade intelectual e industrial, terán que facilitarse os datos do titular do dereito infrinxido cando sexa persoa distinta do comunicante. Así mesmo deberá achegar o título que acredite a titularidade dos dereitos conculcados e, se é o caso, a representación para actuar por conta do titular cando sexa persoa distinta do comunicante.
A recepción por parte do BBVA da comunicación prevista nesta cláusula non suporá o coñecemento efectivo das actividades e/ou contidos indicados polo comunicante cando iso non resulte notorio ou evidente. En todo caso, o BBVA resérvase o dereito de suspender ou retirar os contidos que, aínda non sendo ilícitos, resulten contrarios ás normas establecidas nestas Condicións de Uso, sopesando en cada caso os bens xurídicos en conflito.
Responsabilidade do BBVA
O Usuario debe saber que as comunicacións a través de redes abertas están expostas a unha pluralidade de ameazas que fai que non sexan seguras. É responsabilidade do Usuario adoptar todas as medidas técnicas axeitadas para controlar razoablemente estas ameazas e, entre elas, ter sistemas actualizados de detección de software malicioso, tales como virus, troianos, etc, así como ter actualizados os parches de seguridade dos correspondentes navegadores. Para máis información pode ver a Política de seguridade do BBVA ou acudir ao seu provedor de servizos de acceso a Internet que poderá facilitarlle solucións axeitadas ás súas necesidades. Co alcance máximo permitido pola lexislación aplicable, o BBVA non se responsabiliza dos danos e perdas causados ao Usuario como consecuencia de riscos inherentes ao medio empregado, nin dos ocasionados polas vulnerabilidades nos seus sistemas e ferramentas. O BBVA non garante tampouco a total seguridade dos seus sistemas e aínda que ten adoptadas medidas de seguridade axeitadas, non se pode descartar totalmente a existencia de vulnerabilidades e, en consecuencia, o Usuario debe ser precavido na interactuación co Sitio Web.
En particular, o BBVA non será responsable de:
- Os danos e perdas de calquera tipo causados nos equipos informáticos do Usuario por virus, vermes, troianos ou calquera outro elemento daniño.
- Os danos e perdas de calquera tipo causados ao Usuario que traian causa en fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo do Sitio Web durante a prestación deste. Con respecto a isto, o Usuario recoñece que o acceso ao Sitio Web require de servizos fornecidos por terceiros alleos ao control do BBVA (a modo de exemplo: operadores de redes de telecomunicacións, provedores de acceso, etc.) cuxa fiabilidade, calidade, continuidade e funcionamento non corresponden ao BBVA, nin forma parte da súa responsabilidade garantir a dispoñibilidade do servizo.
- Da información de terceiros nos casos en que o BBVA actúe como prestador de servizos de intermediación no sentido dado pola LSSI, agás cando concorra coñecemento efectivo e non se retirase a información correspondente.
O BBVA tampouco será responsable dos danos e perdas, directos ou indirectos, que puidesen sufrir os Usuarios por un uso desaxeitado deste Sitio Web ou do seu contido, e non asume tampouco ningún compromiso de comunicar cambios nin modificar o seu contido.
Protección de datos persoais
Uso de cookies
Do mesmo xeito que outros sitios web de contido comercial, o Sitio Web utiliza unha tecnoloxía denominada "cookies". Na Política de cookies está dispoñible para o Usuario información detallada sobre como utiliza o BBVA as cookies.
Para máis información consulte a Política de cookies.
Para máis información sobre as cookies empregadas no acceso e uso da banca en liña para empresas consulte a política de cookies específica.
Lei aplicable