Axudas ao emprendemento
Acompañámoste para que, desde a túa idea, poidas crear a túa propia empresa
- Somos o teu socio financeiro e axudámoste en todos os pasos que necesites dar para emprender o teu proxecto.
- Contarás coa experiencia dun banco que acompañou xa miles de emprendedores.
- Ademais, na nosa guía de emprendemento contámosche paso a paso como podes crear a túa empresa.
Crea a túa empresa sen te preocupares do papelame
Para que emprender non che quite as ganas de emprender, faite do BBVA e terás asesoramento especializado sen custo para axudarche coas xestións para montar a túa empresa. Ademais, poderás aforrar ata 720 € brutos ao domiciliares os impostos e/ou seguros sociais na túa nova Conta Empresas Bienvenida.
Válido para novas empresas en constitución ata o 31/12/2024.
Impulsamos o emprendemento traballando ao teu lado con solucións especializadas
Que axudas e subvencións podes solicitar para emprender
Solucións de liquidez e financiamento
Solucións tecnolóxicas e ferramentas dixitais
Especialistas por sectores
Emprender e abrir a túa empresa é máis fácil sen comisións
Mostrámosche outros produtos que podes precisar para abrires a túa empresa
-
- Complementa os teus ingresos cando non poidas traballar por estares de baixa laboral.
- Coñece de antemán a indemnización que cobrarías.
- Prestación adicional por hospitalización.
- Complementa os teus ingresos cando non poidas traballar por estares de baixa laboral.
-
- Financia seguros sociais, nóminas, impostos ou provedores.
- Só pagas polas cantidades que vas dispondo.
- Sen comisión de activación nin de cancelación anticipada.
-
Facemos máis fácil o día a día do teu negocio
-
App BBVA Empresas
A aplicación que che permite ter o banco no móbil.
Coa app de BBVA Empresas poderás encargarte da xestión financeira da túa empresa esteas onde estiveres. -
BBVA My Business
A ferramenta que che axuda a controlar de forma fácil as vendas do teu negocio
Con BBVA My Business poderás facer o seguimento das vendas, terás a posibilidade de engadir outras formas de cobramento e de solicitar o Préstamo TPV Online.
Proporcionámosche información útil sobre como emprender
-
Como parte do programa formativo Como crear a túa tenda en liña en 10 pasos, neste primeiro webinario explicámosche os pasos que se deben dar antes da creación dunha tenda en liña, así como os primeiros aspectos que debes valorar na súa posta en marcha.
-
Como parte do programa formativo 'Como vender a distancia nunha semana', neste primeiro webinario mostrámosche os pasos para introducir o teu negocio na venda en liña.
-
Neste vídeo de Compartindo coñecemento explicámosche como protexerte ante a fraude empresarial, en alza nestes tempos de crise.
Guía para montar o teu negocio paso a paso
Queres emprender e tes dúbidas acerca dos trámites que hai que realizar?
Desde o BBVA pomos á túa disposición unha guía con todos os pasos que precisas seguir para crear a túa empresa desde cero.
Acompañámoste na transición enerxética do teu negocio cara a un futuro máis sostible
-
Xestión de axudas e subvencións
Axudámosche a solicitar as axudas públicas a través do noso colaborador Minsait (Indra).
-
Financiamento de proxectos sostibles
Con condicións especiais: SEN comisión de apertura e con tipo de xuro bonificado por destino sostible.
-
Solucións de aforro enerxético
Iniciativas que axuden á túa empresa a ser máis eficiente e sostible, como a instalación de paneis solares ou diferentes alternativas para que poidas dispor de vehículos de baixas emisións.
Es muller emprendedora e buscas información sobre financiamento?
Tes unha empresa de alto rendemento?
Algunhas dúbidas que che poden xurdir antes de constituír unha empresa
O obxectivo desta guía é explicar, paso a paso e de forma sinxela, como é o proceso para emprender, xa sexa como autónomo ou creando unha empresa.
Na guía, ademais, pódense consultar os trámites necesarios para emprender, información sobre como financiarse ou as axudas que hai, así como algúns consellos para facer medrar o teu negocio, cando o teñas.
Podes esclarecer todas as túas dúbidas accedendo á nosa guía paso a paso.
Se xa tes claro que vas emprender como empresa, debes saber que hai unha serie de trámites que atender:
- Elabora os estatutos sociais.
- Solicita a túa certificación negativa de nome empresarial no Rexistro Mercantil.
- Abre unha conta bancaria única e exclusiva para a empresa que vas crear e deposita nela o seu capital social.
- Rexistra a empresa ante notario. Lembra que debes ter a seguinte documentación:
- Estatutos sociais
- Certificación negativa de nome empresarial
- Certificado bancario de depósito de capital social
- DNI ou NIE dos socios
- Consigue o teu CIF provisional.
- Constitúe a túa empresa ante o Rexistro Mercantil da túa provincia, sen isto, non podes obter a plena competencia xurídica. Se cómpre, dá de alta a túa empresa no Rexistro de Patentes e Marcas.
- Cando xa o teñas todo, deberás solicitar o CIF definitivo.
Un autónomo, para levar a cabo a súa actividade, debe afrontar unha serie de gastos: ferramentas, gasolina, gastos de viaxe, alugamento do local, teléfono móbil etc. En definitiva, todos aqueles gastos que debe afrontar un autónomo para realizar a súa actividade.
Para poder deducires os devanditos gastos deberás xustificalo coa súa factura correspondente.