Contas bancarias sen comisións para empresas
Faite cliente coa conta en liña sen comisións que mellor se adapte ao teu negocio e únete aos máis de 500.000 profesionais e 350.000 empresas que xa se benefician das vantaxes de seren clientes do Banco para Empresas BBVA.
Antes de continuar, selecciona o teu tipo de negocio
Crea a túa empresa sen te preocupares do papelame
Para que emprender non che quite a gana de emprender, faite do BBVA e, xunto con Axuda T Pemes, asesorarémoste de maneira especializada, sen custo, para crear a túa empresa, e ademais, poderás aforrar ata 720 € brutos por domiciliares os impostos e/ou os seguros sociais.
Válido para novas empresas en constitución ata o 31/12/2024.
Axudámoste nas pequenas e nas grandes cousas
Poderás solicitar diferentes solucións de financiamento para o teu negocio:
- Liñas de crédito para a túa actividade diaria.
- Préstamos para emprender ou facer máis grande o teu negocio.
- Anticipos para teres ao día os cobramentos e os pagamentos.
- Renting e leasing para o equipamento que poidas necesitar.
Ademais, por abrir a túa conta en liña para empresas ou profesionais, acompañámoste no teu día a día con estes servizos
-
A app BBVA para profesionais
Para xestionar a túa actividade profesional en calquera momento. Podes operar, agregar outros bancos ou controlar as túas vendas e remesas.Ver máis
-
A app BBVA para empresas
Coa banca en liña para empresas podes operar, asinar ordes, agregar outros bancos, analizar ingresos e gastos ou controlar as túas vendas e remesas.Ver máis
Necesitas máis información?
Oferta só para novos clientes
Financiamento suxeito á aprobación previa por parte do BBVA. Válida ata 31/12/2024. Este documento non constitúe oferta vinculante ou recomendación do BBVA para a contratación dos produtos e servizos indicados nel, nin substitúe ou modifica a documentación precontractual e contractual correspondente aos devanditos produtos e servizos. Formalización suxeita a análise e aprobación previas por parte do BBVA. O BBVA poderá requirir garantías adicionais como requisito previo á contratación destes produtos.