Detalle de coberturas

  • Detalle coberturas

    Responsabilidade civil de subscrición obrigatoria:

    Cobre a obriga de indemnizar un terceiro por danos, materiais ou corporais, causados polo uso e circulación do vehículo cando o asegurado (tomador e propietario) sexa civilmente responsable ata os límites legalmente establecidos. Límite de 70 M€ para danos persoais e 15 M€ para danos materiais.

    Responsabilidade civil de subscrición voluntaria:

    • Garantía complementaria á anterior para sinistros que excedan o límite do seguro obrigatorio ampliándoa ata o límite de 50.000.000 €.
    • Responsabilidade civil por incendio do vehículo: por danos causados a terceiros como consecuencia de incendio orixinado no vehículo cando este estea estacionado ata o límite de 150.000 €.

    Responsabilidade civil da carga:

    Garante a responsabilidade civil extracontractual por danos causados a terceiros derivada de obxectos ou mercadorías transportadas no vehículo asegurado, incluso pola carga e/ou descarga destes, ata o límite de 150.000 €.

    Responsabilidade civil de traballos agrícolas:

    Garante a responsabilidade civil extracontractual derivada dos danos causados a terceiros con motivo dos traballos agrarios ou gandeiros que se realicen exclusivamente co vehículo asegurado, os seus remolques e/ou apeiros. Límite ata 300.000 € en tractores e colleitadoras e ata 60.000 € en motocultores.

    Defensa xurídica (penal):

    Cobre a defensa do condutor do vehículo en procedementos penais por accidentes de circulación causados co vehículo asegurado. Límite de 3.000 € en caso de libre elección de avogado e procurador.

    Reclamación de danos:

    Cobre a reclamación ao terceiro responsable polos danos sufridos en accidente de circulación, incluso como peón. Límite de 3.000 € en caso de libre elección de avogado e procurador.

    Reclamación de multas:

    Asesoramento xurídico completo en materia de infraccións administrativas de tráfico, circulación e seguridade viaria contra o asegurado.

    Accidentes persoais de ocupantes:

    Inclúe indemnización por falecemento, invalidez permanente e os gastos de asistencia sanitaria.

    Rotura de vidros:

    Importe da reposición e colocación destes e dos seus accesorios. Garántese tamén a reparación de calquera vidro, incluído o teito solar ata o límite de 3.000 €.

    Incendio, roubo e perda total:

    Garántense os danos parciais ou a perda total que poida sufrir o vehículo asegurado como consecuencia de incendio, subtracción ilexítima ou a súa tentativa por parte de terceiros e perda total.

    Danos por colisión con especies cinexéticas:

    Cóbrense os danos materiais ao vehículo e aos seus accesorios como consecuencia do atropelo a especies cinexéticas ou animais domésticos.

    Danos por fenómenos meteorolóxicos:

    Cóbrense danos materiais que poida sufrir o vehículo asegurado como consecuencia de pedrazo, neve, inundación, caídas de aeronaves.

    Danos propios con franquía:

    Os danos parciais ou totais que sufra o vehículo por unha causa exterior, violenta e instantánea, contrataranse sempre con franquía de 200 €.

Cales son os límites do seguro?

COBERTURA LÍMITES
COBERTURA
Responsabilidade civil de subscrición obrigatoria
LÍMITES

Danos persoais. Ata 70.000.000 € por accidente e independentemente do número de vítimas.

Danos materiais (aos bens). Ata 15.000.000 € por accidente.

COBERTURA
Responsabilidade civil de subscrición voluntaria
LÍMITES
Ata 50.000.000 € por accidente.
COBERTURA

Responsabilidade civil de traballos agrícolas

(Límites dispoñibles)

LÍMITES

Tractores: 60.000 €, 100.000 €, 200.000 € e 300.000 € (uso propio/uso terceiros).

Colleitadoras: 30.000 €, 60.000 €, 100.000 €, 200.000 € e 300.000 € (uso propio/uso terceiros).

Motocultores: 30.000 € ou 60.000 €.

COBERTURA
Responsabilidade civil da carga
LÍMITES
Ata 150.000 € por sinistro.
COBERTURA
Defensa xurídica (penal)
LÍMITES
Libre elección de avogado e procurador ata 3.000 € por sinistro.
COBERTURA
Fianzas
LÍMITES
Ata 35.000 €. 
COBERTURA
Reclamación de danos
LÍMITES
Libre elección de avogado e procurador ata 3.000 € por sinistro.
COBERTURA
Accidentes persoais de ocupantes
LÍMITES

Falecemento

Invalidez permanente

Asistencia sanitaria (máximo un ano e 1.500 € para a atención no estranxeiro ou se en España se vai a médicos e centros de libre elección).

COBERTURA
Rotura de vidros
LÍMITES
100% do valor dos vidros e 100% dos gastos de colocación ata un máximo de 3.000 € por sinistro.