O BBVA chegou a un acordo de colaboración⁽¹⁾ con Izicap e Mastercard para que poidas ter acceso gratuíto aos datos de consumo dos teus clientes, e moito máis!
Poderás consultar e coñecer en profundidade o comportamento dos teus clientes:
- Por días e horas semanais.
- Por frecuencia de compra.
- Por importes.
E podes conseguir moito máis convertendo estes datos en accións concretas e atraer os seus clientes con maior frecuencia, con Izicap gratuíto durante 1 ano⁽²⁾.
A tarxeta dos teus clientes convértese na súa tarxeta de fidelidade!
-
1. Accede ao teu panel de control Izicap e analiza os datos de consumo con Free Analytics.
-
2. A partir dos datos analizados, anímate a crear 1 ano gratis do teu programa de fidelidade con Izicap.
-
3. O cliente paga coa súa tarxeta e introduce o seu número de teléfono no TPV⁽³⁾.
-
4. O cliente recibe automaticamente unha SMS e rexístrase no teu programa de fidelidade.
-
5. Envías campañas de mercadotecnia personalizadas, con vales de consumo, descontos…
-
6. Aumenta a frecuencia de compra dos teus clientes e recupera eses clientes que levan tempo sen vir.
Que beneficios tes ao te rexistrares?
- Free Analytics: analiza o comportamento de compra dos teus clientes por horas e días, por frecuencia de compra e por importes.
- Confidencialidade: os datos son confidenciais, só ti terás acceso a esa información.
- 1 ano gratis do programa de fidelidade: acceso gratuíto ao programa co que poderás lanzar promocións dunha maneira fácil e intuitiva.
Activa Free Analytics en My Business desde o web do BBVA ou solicítao ao teu xestor
⁽¹⁾ Servizo prestado pola empresa Izicap, S.L. a través da súa propia app ou software dispoñible no TPV para descargar. Izicap, S.L. é a única responsable do funcionamento, do mantemento do servizo e de todas as obrigas legais e contractuais derivadas, especialmente en materia de confidencialidade e privacidade. O TPV só serve de simple soporte tecnolóxico para pór a disposición do establecemento a app. O BBVA non ten ningunha responsabilidade con respecto ao servizo e ás consecuencias das accións de Izicap, S.L. Os datos das operacións e clientes do establecemento que usen o servizo contratado por este serán tratados por Izicap, S.L. a través da súa aplicación instalada no TPV. O BBVA non terá acceso a ningún dato en relación co servizo.
⁽²⁾ Para o servizo BASE.
⁽³⁾ Só para TPV Android.
Descubre como utilizar o servizo Free Analytics e o programa Loyalty Base de Izicap
Descubre como utilizar o servizo Free Analytics e o programa Loyalty Base de Izicap
-
1:27
-
1:52