App Smart Business Lite

A app para comercios do sector de restauración, que permite xestionar pedidos e realizar o cobramento desde un único dispositivo: o TPV Android do BBVA. E, para comercios do País Vasco, os cobramentos desde esta app cumpren coa normativa TicketBAI. 

Ideal para cafeterías, bares, restaurantes pequenos, food trucks, postos en festivais etc.

Ofrece todas estas vantaxes:

  • Crea pedidos asociados ás mesas: Elixe a mesa e empeza a engadir produtos desde o teu catálogo. Así de fácil.
  • Ten todos os pedidos sempre á man: Coa vista rápida tes toda a información ao alcance da túa man, desde o número de comensais ata o momento en que se abriu a conta, e moito máis.
  • Visualiza o estado do teu restaurante, dunha ollada: O mapa de mesas e o estado de comandas abertas axudan rapidamente a ver o estado do teu restaurante en calquera momento.
  • Procesa cobramentos e imprime recibos sen cambiar de pantalla: Procesa os cobramentos con tarxeta, e-wallet ou código QR de Alipay e WeChat e imprime os recibos sen saíres da app. A venda rexístrase a un tempo tanto no datáfono como na app.
  • Rexistra tamén o efectivo: Ademais de cobrar con tarxeta, e-wallet ou QR, podes anotar os teus cobramentos en efectivo ou noutros métodos (cheque restaurante, tarxeta agasallo etc.) desde a mesma app.
  • Cumpre coa normativa TicketBAI (para comercios do País Vasco). Todos os cobramentos realizados desde a app (tamén os rexistros en efectivo) cumpren con TicketBAI e as facturas de venda enviaranse de maneira telemática á túa Facenda Foral desde o TPV e no mesmo momento do cobramento.

Outras opcións útiles

  • Opcións intelixentes. Utiliza modificadores e notas para preparar os pedidos do xeito que os teus clientes prefiran.
  • Propinas. Engade e rexistra as propinas á hora de cobrar.
  • División da conta. Divide a conta facilmente en partes iguais ou por produtos.
  • Multisalas. Crea zonas diferentes segundo a distribución do teu local ou a organización do teu restaurante.
  • Pedidos take-away. Asigna mesas “virtuais” exclusivas para a xestión dos pedidos para levar/recoller.

Unha imaxe vale máis ca mil palabras. . .

Accede á sección “Academy” do BBVA Smart Business LITE para restauración para ver todas estas funcionalidades en acción.

Acude á túa oficina do BBVA para solicitar a contratación dun TPV Android (se aínda non o tes) e solicitar a app Smart Business Lite. 

Busca a app no teu TPV Android do BBVA e consulta a versión DEMO gratuíta. 

Se desexas contratar a versión completa de pagamento de Revo, o provedor da app Smart Business Lite para o BBVA, selecciona directamente desde a app o botón habilitado para iso. 

Ou se o desexas, accede á páxina de Revo e sigue os pasos que se indican.

**Servizo prestado pola empresa Revo a través da súa propia app ou software dispoñible no TPV para a súa descarga, sendo Revo a única responsable do funcionamento, mantemento do servizo e cantas obrigas legais e contractuais se deriven, especialmente en materia de confidencialidade e privacidade. O TPV só serve de simple soporte tecnolóxico para pór a disposición do establecemento a app, o BBVA non ten ningunha responsabilidade con respecto ao servizo e ás consecuencias das accións de Revo. Os datos das operacións e clientes do establecemento que usen o servizo contratado por este serán tratados por Revo a través da súa aplicación instalada no TPV. O BBVA non terá acceso a ningún dato en relación co servizo.