Cobramentos na banca en liña para empresas
Grazas á banca en liña poderás simplificar e mellorar a xestión dos cobramentos do teu negocio.
Gustaríache coñecer a nosa ampla oferta de servizos de cobramento?
Descúbrea na nosa banca en liña para empresas.
Cargos
Xestiona os teus cobramentos máis habituais co servizo de cargos. Emite os teus cargos Core, B2B e financiados. Poderás consultar os teus cargos non-pagados e o motivo da devolución así como ver os teus límites de risco e o importe dispoñible. Ademais, guíate por unha navegación sinxela e intuitiva que che permitirá modificar ordes “sobre a marcha”, engadir novas, etc.
Ingreso de cheques
Converte os teus cheques en efectivo dunha forma sinxela. Desde a opción "Ingreso de cheques", poderás enviar os teus documentos truncables* de cobramento e comprobar o seu aboamento no día. Ademais, poderás revisar o histórico dos documentos enviados ou dispor de información sobre devolucións.
* No caso de documentos non truncables, deberalos enviar ao BBVA para a súa compensación. Imprime desde a banca en liña para empresas a listaxe de acompañamento da remesa.
Confirming provedores
Simula e/ou solicita o anticipo das túas facturas ao teu favor. Tamén poderás consultar os pagamentos recibidos dos teus clientes e obter estatísticas sobre os volumes de pagamentos e anticipos realizados.
Factoring
Gaña tempo e comodidade na xestión das túas facturas co servizo de factoring. Accede á información sobre a situación dos teus contratos, o estado das túas facturas, a situación dos teus debedores, así como das condicións dos contratos e a súa dispoñibilidade de financiamento.