Pagamentos na banca en liña para empresas
En Pagamentos poderás realizar de forma sinxela e intuitiva desde as operacións máis habituais como
transferencias, ata outras máis complexas como o pagamento por confirming.
Coñece a ampla oferta de servizos de pagamento da banca en liña para empresas
Transferencias
As transferencias de sempre, agora moito máis simples e desde unha única pantalla: xestiona e executa os teus pagamentos en euros ou en divisa, de forma urxente ou diferida, programa ordes permanentes e realiza traspasos en liña entre as túas contas.
Impostos e taxas
Paga os teus impostos e taxas de forma áxil e sinxela xa sexan estatais, municipais ou autonómicos. Envía as túas autoliquidacións para ingresar ou para devolver, consulta os impostos xa pagados, domicilia os teus futuros pagamentos e realiza a presentación telemática dos teus impostos, sen necesidade de certificado electrónico.
Seguros sociais
O pagamento dos teus seguros sociais, sempre controlado. Realiza o pagamento das túas cotizacións de forma individual e en liña ou a través de ficheiros (varios pagamentos nun único ficheiro). Se o desexas, consulta os pagamentos realizados e obtén os seus xustificantes. Lembra que podes domiciliar os pagamentos á Seguridade Social na túa conta BBVA.
Confirming
Simplifica os teus procesos de pagamento a provedores co servizo de confirming. Emite as túas ordes de forma manual ou incorporando un ficheiro, xestiona os teus ficheiros desde a páxina de inicio, realiza consultas sobre os teus contratos e solicita un adiamento dos teus vencementos futuros. Ademais, os novos elementos de navegación póñencho máis fácil: modifica ordes incorporadas ao momento, engade novas, etc.
Cheques
Envía as túas ordes de pagamento masivas mediante cheque a distintos beneficiarios.
Recibos
Xestiona o pagamento dos teus recibos de maneira integral: domiciliados, non domiciliados, devolucións, orde de non pagar, autorización de mandatos, etc.