Agropréstamo Conversión Ecolóxica
Como funciona?
-
O Agropréstamo Conversión Ecolóxica é un préstamo agrícola que axuda a afrontar os custos que implica a transición dunha produción convencional a unha ecolóxica e o posible desfasamento entre os ingresos e os gastos nese período. As súas principais características son:
- O importe máximo determínase en función da túa facturación do ano anterior ao do inicio da conversión.
- Poderás dispor do capital nunha ou en varias veces.
- O período de conversión será tamén de carencia de capital.
A amortización será, en todos os casos, en tres anos contando desde a fin do período de conversión.
Que condicións tes que cumprir?
-
Para poderes ter acceso ao Agropréstamo Conversión Ecolóxica a túa explotación débese encontrar nun período de conversión de convencional a ecolóxica. Así debe figurar no rexistro público de produtores ecolóxicos que certifica que a túa produción cumpre os requisitos establecidos pola Unión Europea para poder ser comercializada como ecolóxica.
Necesitas máis información?
Buscas outro tipo de financiamento para o teu negocio?
Tamén che podería interesar
Ser cliente do BBVA
- No BBVA queremos axudarche a impulsar o teu negocio ofrecéndoche o financiamento que necesitas.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.