Prazo para domiciliar a PAC
O prazo para a domiciliación da PAC de 2024 terminou o 15/06/2024.
Como funciona o adianto da PAC?
-
Se domicilias a túa subvención da Política Agraria Común no BBVA, terás dispoñible un anticipo da PAC. Poderás solicitar ata o 100% do importe e devolvelo automaticamente cando recibas a subvención na túa conta.
Sen comisión de apertura se domiciliaches nunha conta do BBVA o aboamento da axuda da PAC. Terás de prazo ata o 30 de xuño do ano seguinte para devolver o anticipo PAC. É dicir, se o solicitaches en 2024, terás ata o 30 de xuño de 2025 para que che ingresen a subvención e, así, devolver o préstamo.
Cun exemplo, seguro que o verás máis claro
-
Exemplo para un préstamo de 22.000 € contratado o 2 de febreiro de 2024 con amortización total o 15 de decembro de 2024 (é un exemplo no que damos por suposto que a axuda chega nesa data):
- TIN variable: 5,4%.
- TAE: 5,3512% (euríbor tres meses + 1,5%)*.
- Comisión de apertura: 0 €.
- Comisión de estudo: 0 %.
- Cota trimestral: 1.ª: 297 €. Seguintes 2 trimestres: 303,60 € en concepto de xuros.
- Cota final: 22.132 € unha vez recibida a axuda na conta.
- Importe total que se vai devolver: 23.036,20 €.
*Do 02/02/2024.
Que condicións tes que cumprir para anticipar a PAC?
-
Para solicitar o préstamo anticipo PAC tes que ser unha persoa gandeira ou agricultora titular dunha explotación con dereito á subvención e que domiciliases a axuda da PAC nunha conta BBVA.
* Produto contratable para negocios con facturación inferior a 5 millóns de euros
Necesitas máis información?
Buscas outro tipo de financiamento para o teu negocio?
Tamén che podería interesar
Ser cliente do BBVA
- No BBVA queremos axudarche a impulsar o teu negocio ofrecéndoche o financiamento que necesitas.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
Engade os teus bancos á app do BBVA
-
Teño unha empresa
-
Son autónomo/a