- Non ten comisión de estudo de límite, nin de mantemento, nin de novación nas contratacións vía app. Nas contratacións por oficina estas comisións son negociables.
- O límite só se pode renovar nas contratacións vía oficina e a comisión de renovación será negociable.
- Comisión de apertura da disposición: é unha porcentaxe sobre o importe de cada solicitude de disposición aprobada, cun mínimo de 30 €. Esta comisión cobrarase no mesmo momento en que che aboemos o importe da disposición.
- Sen pagamento de xuros. A TAE dependerá do destino da disposición e do prazo de devolución escollido.
Límite de Crédito Click&Pay
Financia os pagamentos e cobramentos máis habituais do teu negocio
Un límite de crédito para pagar a provedores, impostos, nóminas, seguros sociais ou cobrar as facturas:
- Ata 50.000 €.
- Sen comisión por activación nin por cancelación anticipada.
- Só pagas polo diñeiro que vas utilizando.
Agora, faite cliente e benefíciate de condicións especiais
Terás todas as vantaxes do Límite de Crédito Click&Pay e, ademais, condicións de financiamento únicas. Para iso só tes que facerte cliente cunha Conta Bienvenida sen comisións, por Internet e en poucos minutos.
Só para novos clientes autónomos e empresas con facturación inferior a 5 millóns de euros.
-
Que novidades incluímos?
-
Nova finalidade Click&Pay para autónomos e pemes
- A nova finalidade de financiamento de cobramentos co límite de crédito Click&Pay, ao momento, en liña e sen necesidade de presentar documentación.
- Só será necesario indicar a cantidade que se quere dispor e o prazo de financiamento (máximo 3 meses).
- Calculamos o máximo de crédito que podemos aplicar a esta nova finalidade de cobramentos, tendo en conta os ingresos recibidos na súa conta nos últimos tres meses, excluíndo os aboamentos correspondentes a outros financiamentos.
Como funciona?
-
Activas un límite anual sen custoAo contratares Click&Pay, escolles un límite de crédito entre un mínimo de 2.000 € e o máximo que teñas preautorizado. Este límite queda dispoñible durante un ano e non supón ningún custo, xa que só pagas polo diñeiro que vas dispondo.
-
Realizas disposicións de diñeiro
Cando teñas que afrontar pagamentos profesionais, solicitas disposicións co importe que necesites. Non pode ser inferior a 600 € nin superior ao límite. Unha vez valorada e aprobada cada disposición, recibes o diñeiro na conta.
Que tipo de pagamentos e cobramentos se poden financiar?
-
Podes financiar 5 tipos de pagamentos profesionais. Cando realices cada disposición, terás un prazo máximo para devolver o importe segundo o tipo de pagamento, aínda que o podes devolver en menos tempo se che vén mellor.
- Impostos:
- Imposto de sociedades e IRPF: ata 6 meses de prazo.
- IVE ou IXIC: ata 3 meses de prazo.
- Pedidos a provedores internacionais: ata 4 meses de prazo.
- Pedidos de provedores nacionais: ata 3 meses de prazo.
- Seguros sociais: 1 mes de prazo.
- Nóminas: 1 mes de prazo.
As cotas cargaranse cada mes na conta que teñas asociada.
- Impostos:
Podes contratar Click&Pay desde a app ou o web, sen asinar ante notario
E os custos?
-
Pagas a comisión por disposiciónUnha comisión de apertura sen tipo de xuro que se aplica ao importe de cada disposición e varía segundo o prazo de devolución. Canto máis curto é o prazo, menor é a comisión.Detalle de prazos de devolución e comisións
A comisión ten un mínimo de 30 € e aplícase ao importe que solicitas segundo o prazo de devolución que escolles:
- 1 mes: 0,70%
- 2 meses: 1,10%
- 3 meses: 1,45%
- 4 meses: 1,80%
- 5 meses: 2,15%
- 6 meses: 2,50%
Coñece como funciona Click&Pay a través deste exemplo
-
Se contratas o límite Click&Pay non pagas comisión de activación, nin comisión de dispoñibilidade, nin penalización por cancelación anticipada.Co seguinte exemplo, veralo máis claro:
- María contratou un límite de crédito de 15.000 € para a súa actividade profesional.
- Este contrato ten un prazo de 12 meses.
- Solicita unha disposición de 2.400 € para financiar o pagamento de impostos.
- O prazo máximo de devolución será de 6 meses.
- Se escolle pagar en 3 meses, pagará 800 € ao mes (800 € x 3 meses = 2.400 €).
- A comisión de apertura será de 34,80 € (1,45% x 2.400 €), que pagará cando realice a disposición. TAE 9,17%.
- Cando devolva os 2.400 €, o seu límite volverá ser de 15.000 €.
Calcula canto custaría
Necesitas máis información?
A comisión cárgase na conta que teñas asociada o día que realizas a disposición, pero non se resta da disposición. Se solicitas unha disposición de 800 € e o BBVA a aproba, recibes 800 €.Debes levar polo menos 6 meses sendo do BBVA e ter unha conta onde se ingresarán as disposicións e se cargarán as cotas cada mes.Non, co Límite de Crédito Click&Pay só podes financiar impostos (IVE, IRPF, imposto de sociedades e IXIC), pedidos a provedores nacionais e internacionais, nóminas e seguros sociais.
Ao solicitar cada disposición de diñeiro, debes escoller o pagamento profesional que vas financiar. Non é preciso presentar xustificantes de pagamento para comprobar o destino das disposicións, pero na conta asociada deberán aparecer os pagamentos ou as transferencias correspondentes.As cotas mensuais comezan a cargarse na conta ao mes seguinte de realizar a disposición, no mesmo día.
Por exemplo, imaxina que no día 15 de xuño realizas unha disposición de 2.400 € para un provedor nacional e escolles devolvela en 3 meses. Os días 15 de xullo, 15 de agosto e 15 de setembro cargaríaseche na conta unha cota de 800 €.
O límite de crédito que escolles na contratación é anual e durante eses 12 meses non o podes cambiar. De todas as formas, como o límite non afecta ao prezo, podes escoller un importe superior ao que necesitas sempre que estea dentro do teu límite preautorizado. Custarache o mesmo e terás máis cobertura.Si, é posible que o BBVA non che conceda o límite de crédito. E tamén pode acontecer que, unha vez autorizado o límite, che denegue algunha das solicitudes de disposición. Cada vez que solicites unha disposición, o banco estudará se a túa proposta é viable.Buscas outro tipo de financiamento para o teu negocio?
Se este produto non é o que estabas buscando, non te preocupes. Axudámosche a escoller o que mellor se adapte ás túas necesidades co noso aconsellador de financiamento.Máis produtos para a túa actividade profesional
-
Unha conta con límite de crédito para levares as contas ao día e contares con liquidez.
- Ata 50.000 € ao ano para o día a día do teu negocio.
- Financia o que necesites, sen presentar xustificantes.
- Contratación inmediata e 100% en liña.
-
Un préstamo a longo prazo que che permite obter financiamento para os investimentos do teu negocio como vehículos, maquinaria, entre outros.
- Ata 50.000 € para autónomos e pemes.
- Dispoñible na túa conta tras a sinatura.
- Tipo de xuro fixo e personalizado.
-
- Complementa os teus ingresos cando non poidas traballar por estares de baixa laboral.
- Coñece de antemán a indemnización que cobrarías.
- Prestación adicional por hospitalización.
- Complementa os teus ingresos cando non poidas traballar por estares de baixa laboral.
As túas contas, dunha ollada
Consulta o estado das túas contas, das túas tarxetas ou dos teus últimos movementos co Servizo de Agregación da app do BBVA.Por que co BBVA?
- O noso obxectivo é facer a vida máis fácil a quen traballa a diario para que os seus negocios crezan.
- Cremos nun xeito de facer banca que ten como centro as persoas: bancaresponsable.com.
Información
A información que o BBVA che facilita sobre produtos de financiamento non é unha oferta en firme. Os importes reflectidos na ficha e no cálculo personalizado están baseados en estimacións que facemos segundo os datos de que dispomos sobre ti, e sempre necesitarán a aprobación previa do BBVA. Esta ficha tampouco supón unha recomendación para contratar os produtos ou os importes indicados, nin xera compromiso do BBVA para a súa concesión. Ademais, a súa información non substitúe nin modifica a documentación precontractual e/ou contractual que che enviaremos se a túa solicitude de financiamento é aprobada, que deberás ler e consentir antes de formalizar o contrato.
-
-
Que novidades incluímos?
-
Nova finalidade Cobramentos para autónomos e pemes
- A nova finalidade de financiamento de cobramentos co límite de crédito Click&Pay, ao momento, en liña e sen necesidade de presentar documentación.
- Só será necesario indicar a cantidade que se quere dispor e o prazo de financiamento (máximo 3 meses).
- Calculamos o máximo de crédito que podemos aplicar a esta nova finalidade de cobramentos, tendo en conta os ingresos recibidos na súa conta nos últimos tres meses, excluíndo os aboamentos correspondentes a outros financiamentos.
Como funciona?
-
Activas un límite anual sen custoAo contratares Click&Pay, escolles un límite de crédito anual entre un mínimo de 2.000 € e o máximo que teñas preautorizado. Este límite queda dispoñible durante un ano e non supón ningún custo, xa que só pagas polo diñeiro que vas dispondo.
-
Realizas disposicións de diñeiroCando a túa empresa teña que afrontar pagamentos, solicitas disposicións co importe que precises. Non pode ser inferior a 600 € nin superior ao límite. Unha vez valorada e aprobada cada disposición, recibes o diñeiro na conta.
Que tipo de pagamentos e cobramentos se poden financiar?
-
Podes financiar 5 tipos de pagamentos empresariais. Cando realices cada disposición terás un prazo máximo para devolver o importe segundo o tipo de pagamento, aínda que o podes devolver en menos tempo se che vén mellor.
- Impostos:
- Imposto de sociedades e IRPF: ata 6 meses de prazo.
- IVE ou IXIC: ata 3 meses de prazo.
- Importacións: ata 4 meses de prazo.
- Pedidos de provedores nacionais: ata 3 meses de prazo.
- Seguros sociais: 1 mes de prazo.
- Nóminas: 1 mes de prazo.
As cotas cargaranse cada mes na conta de empresa que teñas asociada.
- Impostos:
Podes contratar Click&Pay desde a banca en liña para empresas ou na app, sen asinar ante notario
E os custos?
-
Pagas a comisión por disposiciónUnha comisión de apertura sen tipo de xuro que se aplica ao importe de cada disposición e varía segundo o prazo de devolución. Canto máis curto é o prazo, menor é a comisión.Detalle de prazos de devolución e comisións
A comisión ten un mínimo de 30 € e aplícase ao importe que solicitas segundo o prazo de devolución que escolles:
- 1 mes: 0,70%
- 2 meses: 1,10%
- 3 meses: 1,45%
- 4 meses: 1,80%
- 5 meses: 2,15%
- 6 meses: 2,50%
Cun exemplo, seguro que o verás máis claro
Exemplo de Click&Pay para financiar o pagamento de impostos Exemplo de Click&Pay para financiar o pagamento de impostos Importe disposto
3.000 €
Exemplo de Click&Pay para financiar o pagamento de impostos Prazo de devolución
3 meses
Exemplo de Click&Pay para financiar o pagamento de impostos Cota mensual
1.000 €
Exemplo de Click&Pay para financiar o pagamento de impostos Comisión por disposición (1,45% da disposición, mínimo 30 €)
43,50 €
Exemplo de Click&Pay para financiar o pagamento de impostos En total pagarás
3.043,50 €
Calcula canto custaría
Necesitas máis información?
- Non ten comisión de estudo de límite, nin de mantemento, nin de novación nas contratacións vía app. Nas contratacións por oficina estas comisións son negociables.
- O límite só se pode renovar nas contratacións vía oficina e a comisión de renovación será negociable.
- Comisión de apertura da disposición: é unha porcentaxe sobre o importe de cada solicitude de disposición aprobada, cun mínimo de 30 €. Esta comisión cobrarase no mesmo momento en que che aboemos o importe da disposición.
- Sen pagamento de xuros. A TAE dependerá do destino da disposición e do prazo de devolución escollido.
A comisión cárgase na conta que teñas asociada o día que realizas a disposición, pero non se resta da disposición. Se solicitas unha disposición de 800 € e o BBVA a aproba, recibes 800 €.A empresa debe levar polo menos 6 meses sendo clienta do BBVA e ter unha conta onde se ingresarán as disposicións e se cargarán as cotas cada mes.
Ademais, debe ter como mínimo 3 anos de antigüidade e non facturar máis de 5 millóns de euros ao ano.
Non, co Límite de Crédito Click&Pay só podes financiar impostos (IVE, IRPF, imposto de sociedades e IXIC), pedidos a provedores nacionais e internacionais, nóminas e seguros sociais.Ao solicitar cada disposición de diñeiro, debes escoller o pagamento profesional que vas financiar. Non é preciso presentar xustificantes de pagamento para comprobar o destino das disposicións, pero na conta asociada deben aparecer os pagamentos ou as transferencias correspondentes.As cotas mensuais comezan a cargarse na conta ao mes seguinte de realizar a disposición, no mesmo día.
Por exemplo, imaxina que no día 15 de xuño realizas unha disposición de 2.400 € para un provedor nacional e escolles devolvela en 3 meses. Os días 15 de xullo, 15 de agosto e 15 de setembro cargaríaseche na conta unha cota de 800 €.
O límite de crédito que escolles na contratación é anual e durante eses 12 meses non o podes cambiar. De todas as formas, como o límite non afecta ao prezo, podes escoller un importe superior ao que necesitas sempre que estea dentro do teu límite preautorizado. Custarache o mesmo e terás máis cobertura.Si, é posible que o BBVA non che conceda o límite de crédito. E tamén pode acontecer que, unha vez autorizado o límite, che denegue algunha das solicitudes de disposición. Cada vez que solicites unha disposición, o banco estudará se a túa proposta é viable.Buscas outro tipo de financiamento para o teu negocio?
Se este produto non é o que estabas buscando, non te preocupes. Axudámosche a escoller o que mellor se adapte ás túas necesidades co noso aconsellador de financiamento.Máis produtos para o teu negocio
-
Unha conta con límite de crédito para levares as contas ao día e contares con liquidez.
- Ata 50.000 € ao ano para o día a día do teu negocio.
- Financia o que necesites, sen presentar xustificantes.
- Contratación inmediata e 100% en liña.
-
Un préstamo a longo prazo que che permite obter financiamento para os investimentos do teu negocio como vehículos, maquinaria, entre outros.
- Ata 50.000 € para autónomos e pemes.
- Dispoñible na túa conta tras a sinatura.
- Tipo de xuro fixo e personalizado.
-
BBVA Allianz Cyber:
- Protexe o teu negocio ante ataques informáticos.
- Asesoramento profesional e xurídico.
- Indemnización en caso de perda ou roubo de datos.
Todos os bancos na app da banca en liña para empresas
Engade e opera rapidamente con todas as túas contas, mesmo coas que tes noutros bancos. Poderás tomar mellores decisións e aforrar tempo para a túa empresa.Por que co BBVA?