Que é o leasing?
-
O leasing para empresas é un servizo dirixido a empresas e autónomos que desenvolven unha actividade comercial, industrial, agraria ou de servizos que necesitan equipamento, vehículos, mobles, un local, unha nave ou calquera outro ben.
Compraremos o ben que nos indiques, sen importar de que país proceda (leasing de importación), ou se está construído ou en construción, para que a túa empresa poida dispor del mediante cómodas cotas de alugueiro e sen necesidade de realizar desembolso inicial. Ademais, cando termine o contrato de arrendamento, poderás optar pola compra do ben.
Axudámosche a acometer o investimento en bens mobles e inmobles que desexes emprender, conseguindo as máximas deducións fiscais en función do seu réxime fiscal.
Con posibilidade de asegurar os bens financiados, cubrindo, ademais —no caso de perda total e roubo—, integramente o capital pendente de amortizar.
Vantaxes do leasing
-
Para a túa empresa
- É unha fórmula de financiamento a medio e longo prazo (período mínimo de 2 anos para bens mobles e de 10 para bens inmobles).
- Financiamento de ata o 100% do importe do investimento sen impostos, xa que o leasing se constitúe pola cantidade total da factura excluído o IVE/IXIC.
- Non necesitas ter dispoñibilidade de fondos para facer fronte ao IVE/IXIC no momento da adquisición do ben, pois págao o banco.
- Fiscais:
- Carga financeira fiscalmente deducible (sen límite).
- Recuperación do custo: fiscalmente deducible cun límite anual calculado en función de aplicar o coeficiente de amortización lineal segundo táboas oficiais ao dobre/triplo do custo do ben. Os excesos amortizados financeiramente e non deducidos fiscalmente polo devandito límite non se perden, senón que se poden deducir en exercicios sucesivos, respectando igual límite anual.
- Difire o pagamento do IVE/IXIC en varios exercicios: evita ter un exceso de imposto soportado nun mesmo exercicio, que normalmente non se pode compensar.
- Realización do pagamento dos bens adquiridos, coa produtividade engadida que eles mesmos xeran.
- Facilita o cálculo exacto dos custos de explotación.
- Ao finalizar o contrato de arrendamento, poderás optar pola compra do ben.
- Compatible con liñas ICO e outras liñas (BEI…).
Leasing Mobiliario
-
Se necesitas dispor de distintos bens para o desenvolvemento da túa actividade empresarial, co Leasing Mobiliario do BBVA poderás dispor de todos eles desde o primeiro momento, pagando unha cota periódica e sen necesidade de realizar un gran desembolso.
Comprando por ti bens mobles que necesitas para o teu negocio (equipo, elementos de transporte, vehículos turismo, mobiliario en xeral, equipos informáticos e de oficina), a cambio do pagamento de cotas periódicas e poderás, ao final do arrendamento, adquirir os bens polo valor residual fixado.
Vantaxes:
- Posibilita a amortización acelerada do ben, ou o que é o mesmo, un adiamento no pagamento de impostos. Nos primeiros anos da vida útil do ben, pagará menos impostos que nos sucesivos.
- Non terás que facer grandes desembolsos iniciais e, mediante o pagamento de cotas periódicas, poderás incorporar aos procesos produtivos, activos que aumenten a rendibilidade do teu negocio.
- Posibilidade de pagar o seguro do ben canda a cota de leasing.
- Menor necesidade de circulante xa que o banco será quen soporte o imposto (IVE, IXIC) na adquisición dos bens.
Leasing en construción
-
Está destinado a financiar bens mobles ou inmobles que non están fabricados ou construídos (mobles ou inmobles) ou nos que se negociase un período de adiamento de pagamento co provedor do ben.
Vantaxes:
- Durante ese período de construción ou adiamento de pagamento, só pagarás cotas de xuros máis imposto, en función dos pagamentos realizados aos provedores.
- Os xuros pagados no período de construción ou adiamento de pagamento non forman parte do prezo do arrendamento. Polo tanto, nos leasings inmobiliarios, sobre esa cantidade non se liquida AXD.
- Evítase a determinación a priori do calendario de pagamentos previsto durante o período inicial, así como a reliquidación en función das desviacións acontecidas sobre o calendario previsto.
Leasing cota final
-
É unha fórmula de financiamento baixo arrendamento financeiro onde se fixa un importe elevado na última cota de arrendamento, minorando o importe que hai que pagar do resto das cotas.
Esta modalidade posibilita financiar unha ampla gama de bens de equipo de importe elevado: imprentas de artes gráficas, carretillas elevadoras, dúmpers, pas de cadea, tuneladoras, guindastres, camións pesados, remolques e semirremolques, trens e vagóns, embarcacións e aeronaves.
O prazo mínimo desta operación son 2 anos e o máximo está en función do tipo de ben.
Vantaxes
- Finánciase o 100 % do investimento, con ou sen desembolsos iniciais.
- Modalidade de pagamento cómoda durante o período de financiamento, ao ser o importe das cotas máis baixo.
- Fiscalmente deducible.
- Flexibilidade ao vencemento do leasing:
- Posibilidade de efectuar o pagamento e o valor residual, adquirindo así o ben.
- Posibilidade de refinanciar o capital pendente e o valor residual nunha nova operación.
- Terá a posibilidade de renovar o equipo mediante o financiamento dun novo leasing, entregando a conta ao distribuidor o anterior.
Agroleasing
-
Trátase dunha fórmula de financiamento baixo arrendamento con opción a compra, destinada a todo tipo de empresas dedicadas a actividades agrícolas, forestais e gandeiras, e que permite o arrendamento de maquinaria agrícola e non agrícola, instalacións fotovoltaicas ou gando de porcas nais ou vacún leiteiro.
Vantaxes:
- Trátase de investimentos produtivos que poden autofinanciarse cos rendementos obtidos polo uso do ben sen desembolso inicial.
- Compatible con programas de subvencións ou axudas das administracións públicas.
- Permite rendibilizar un elemento de activo ata agora improdutivo (cubertas ou teitumes) con ingresos garantidos por Lei.
- Investimento garantido ante roubo de gando, morte por accidente e responsabilidade civil como propietario co seguro gandeiro obrigatorio.
Leasing inmobiliario
-
É unha fórmula de financiamento baixo arrendamento financeiro dirixida a empresas que desenvolven unha actividade comercial, industrial, agraria ou de servizos que lles posibilita financiar bens inmobles construídos ou en construción afectos á súa actividade.
Unha vez finalizado o período de arrendamento financeiro, terás a posibilidade de exercitar a opción de compra fixada no contrato. O prazo mínimo para este tipo de operacións é de 10 anos.
Vantaxes fiscais
- Aceleración da amortización en función da dimensión da empresa e do coeficiente de amortización fiscal do ben.
- Para as empresas que pola súa actividade repercuten moito imposto a terceiros, o imposto que soportan vía cotas de leasing axúdalles a compensalo.
- Poderá aforrar impostos na adquisición de determinados inmobles.
Buscas outro tipo de financiamento para o teu negocio?
Tamén che podería interesar
Ser cliente do BBVA
- No BBVA queremos axudarche a impulsar o teu negocio ofrecéndoche o financiamento que necesitas.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
Engade os teus bancos á app do BBVA
-
Teño unha empresa
-
Son autónomo/a