Liña de Financiamento Multifinalidade
Unha forma sinxela de financiamento
-
Xa non terás que administrar varios produtos de financiamento. Xestionarás un só límite de financiamento que podes utilizar para as necesidades máis habituais da empresa.
Poderás dispor do límite na túa banca en liña ou, se o prefires, na túa oficina BBVA. Só terás que escoller o destino do financiamento, o importe e a data de vencemento.
Só pagas polo que utilizas
-
Se tes un límite de 500.000 € e utilizas 120.000 € para financiar pagamentos e anticipar cobramentos, só pagas por eses 120.000 €. Os únicos custos adicionais serían os derivados da contratación.
Canto pagarías por eses 120.000 €? Depende das condicións financeiras que pactases coa túa oficina. Ao contratares o límite, negocias co teu xestor as condicións financeiras. Cando o límite de financiamento está activado, tes autonomía total para dispor na túa banca en liña, aínda que sempre estaremos aí para atenderte se o necesitas.
Na túa conta en segundos
-
Xusto logo de realizares unha disposición online, verás o importe na túa conta. Para simplificar a xestión, definimos as finalidades ás que podes destinar o financiamento. Son as máis habituais:
- Nóminas e seguros sociais.
- Impostos.
- Pagamento a provedores.
- Importación.
- Anticipo de cobramentos de exportación.
- Anticipo de cobramento de facturas nacionais.
- Prefinanciamento de exportacións (financiamento para o período de fabricación dunha exportación). Esta finalidade só está dispoñible nas oficinas.
Como funciona o financiamento para empresas
-
1. Así é a contratación:
- Reúneste co teu xestor para negociardes o límite máximo e as condicións financeiras.
- Tras a autorización do límite de risco por parte do BBVA, asínase na notaría.
- Actívase o límite e, unha vez configurados os usuarios na túa banca online, xa podes dispor del.
2. E así se utiliza dixitalmente:
- Accedes ao teu Financiamento Multifinalidade Empresas, marcas a finalidade, o importe e a data de vencemento.
- Simulas para saber o que pagarás nese caso.
- Dispós e, se o banco aproba a operación, o importe estará na túa conta en segundos e poderás usalo para pagar.
Mellora o teu poder de negociación
-
Ao coñecer de antemán os custos dos distintos tipos de financiamento, melloras a túa posición de negociación nas operacións e podes optimizar as marxes: descontos por volume, pronto pagamento, etc.
Queres este financiamento pero aínda non es cliente?
Podes engadir unha liña de crédito
-
O Financiamento Multifinalidade Empresas está deseñado para cubrir as necesidades máis habituais dun negocio. No entanto, se queres máis flexibilidade, podes engadir unha liña de crédito que poderás utilizar para pagamentos de calquera tipo.
Algunhas dúbidas que che poden xurdir
Ser cliente do BBVA
- No BBVA queremos axudarche a impulsar o teu negocio ofrecéndoche o financiamento que necesitas.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.