Estes son os requisitos comúns que deben cumprir todas as operacións:
- O financiamento non se poderá destinar a refinanciamentos nin a reestruturacións.
- O financiamento non se poderá destinar a cubrir os mesmos custos que estean cubertos por outras subvencións/préstamos/garantías de fondos europeos.
- O receptor do financiamento ten que estar ao corrente de pagamento das obrigas de reembolso doutros préstamos ou anticipos con cargo aos orzamentos xerais do Estado.
- Deberá identificarse a titularidade real dos perceptores finais das operacións [segundo o artigo 22.2.d).iii) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021].
- Todos os proxectos e investimentos financiados teñen que ser economicamente viables.
- Todas as operacións que se financien con recursos do PRTR (fondos Next Generation) deberán acreditar que cumpren co principio DNSH (Do No Significant Harm). Este principio é unha condición definida pola Comisión que obriga a realizar unha autoavaliación que asegure que o investimento ou reforma non afecta negativamente a un, ou varios, dos 6 obxectivos ambientais definidos no Regulamento 852/2020: mitigación do cambio climático.
- A bonificación dos xuros destas operacións sumarase ás axudas do Estado recibidas nos tres últimos anos fiscais, cun máximo de ata 300.000 €, artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.