O cliente poderá formalizar operacións coa entidade de crédito durante todo o ano 2024.
Préstamos ICO para Empresas e Emprendedores
Solucións de financiamento para o teu negocio
A liña de préstamos ICO para Empresas e Emprendedores está destinada a proxectos de investimento, actividades empresariais e/ou necesidades de liquidez ou gastos.
Poderán solicitar estes préstamos os autónomos e empresas que realicen a súa actividade empresarial en España, con independencia do seu domicilio social ou fiscal e de se é español ou estranxeiro.
Que podes financiar con estes préstamos ICO?
-
As necesidades de financiamento para levar a cabo as túas actividades empresariais e/ou, investimentos, así como as túas necesidades de liquidez e gastos relacionados co desenvolvemento da actividade propia da empresa. Adicionalmente, poderá financiarse a rehabilitación de vivendas e edificios.
Compatibilidade deste financiamento coas axudas que conceden outros organismosEste financiamento poderá ser compatible con axudas recibidas das comunidades ou doutras institucións (suxeito ás limitacións de compatibilidades que se inclúan nas convocatorias das devanditas axudas).Importe máximo por clienteAta 12,5 millóns de euros nunha ou varias operacións (dependendo da finalidade, o importe máximo poderá ser menor).Vixencia, prazo de amortización e carencia- Vixencia: poderán formalizarse operacións coa entidade de crédito durante todo o ano 2024.
- Prazo de amortización e carencia: de 1 a 20 anos coa posibilidade de ata 3 anos de carencia de principal (dependendo da finalidade, o prazo máximo pode ser menor).
Tipo de xuro, modalidade e actividades excluídas- Tipo de xuro: fixo (préstamo ou leasing) ou variable (só préstamo)
- Modalidade: formalización a través de préstamo ou leasing segundo a finalidade
- Actividades excluídas: non serán financiables as seguintes actividades:
- Actividades no sector de armas e municións.
- Actividades ilegais segundo a lexislación aplicable á operación de que se trate, ou segundo acordos e convenios internacionais, incluída a normativa sobre medio natural, seguridade e hixiene e emprego.
- Actividades que teñan como efecto a limitación de dereitos e liberdades individuais ou a violación de dereitos humanos.
Como funcionan os préstamos ICO?
-
O funcionamento dos préstamos ICO non difire demasiado dos préstamos ‘tradicionais’ outorgados polos bancos. Porén, a diferenza destes, esta forma de financiamento implica tres partes:
- O Instituto de Crédito Oficial, que facilita os fondos para a operación e pon as condicións para acceder ao financiamento.
- A entidade de crédito, que analiza a viabilidade do préstamo, xestiona o diñeiro prestado e asume o risco en caso de impagamento do cliente
- O solicitante, que ten que devolvelo no prazo de tempo estipulado, xunto cos xuros asociados.
Algunhas dúbidas que che poden xurdir
ICO Empresas e Emprendedores
Solicitar