Os documentos válidos que se adoitan requirir para o cotexo son:
- Factura de compra dos bens con detalle técnico (proformas ou definitivas).
- Ficha técnica dos bens coa identificación da condición sostibilidade.
- Proxecto completo con identificación dos requirimentos, Memoria do proxecto.
- Informes de empresas de servizos enerxéticos ou avalados por unha enxeñaría (por ex. sobre melloras de eficiencia enerxética).
- Outros documentos (por ex. evidencia de inscrición no Rexistro de Operadores Ecolóxicos).
- En créditos documentarios (243), cómpre incorporar factura proforma e a emisión do crédito documentario mediante o swift correspondente.
A antigüidade permitida da documentación acreditativa dos financiamentos de cara ao proceso de cotexo é a seguinte:
- Facturas e orzamentos: 6 meses.
- Memorias de proxectos de obras: 12 meses.
- Certificacións: que estean en vigor.