Pode pedir o financiamento calquera empresa que teña unha conta BBVA. Ten en conta que o financiamento sempre está suxeito á aprobación previa do banco.
Anticipo de exportacións
Só pagas polo que utilizas
-
Dispoñibilidade sen custoSó pagarás polo importe que utilices para anticipar o cobramento das túas exportacións. Se o teu límite anual é de 64.000 € e acabas utilizando 25.000 €, pagarás por eses 25.000 €.
-
Prezo personalizadoAo contratares este límite de crédito, un xestor analizará o teu caso e as túas necesidades e ofrecerache un tipo de xuro.
Podes usar o límite de 2 formas
-
PosfinanciamentoPodes utilizar a cantidade que teñas dispoñible para anticipar o cobramento unha vez terminado o proxecto.
-
PrefinanciamentoTamén podes utilizar este límite de crédito para afrontar os gastos que supón realizar un proxecto ou producir un pedido de máis unidades do habitual.
Potencia as túas vendas
-
Dá un impulso ás túas exportaciónsAo teres o diñeiro dispoñible durante máis tempo, poderás asumir proxectos máis grandes e investir máis capital no seu desenvolvemento.
-
Que nada interrompa a túa actividadeCobrares antes as túas facturas significa non perderes a liquidez necesaria para continuares coa actividade da túa empresa.
Acompáñate o teu xestor persoal
-
Os nosos especialistas resolven as túas dúbidasO noso equipo de especialistas en comercio exterior fará máis fáciles as túas operacións internacionais. Axudarate sempre que teñas dúbidas sobre financiamento de importacións.Conta coa nosa experiencia
Terás á túa disposición un xestor persoal especializado. Contarás co seu apoio para resolver dúbidas sobre a túa actividade internacional e así minimizar os posibles riscos.
- Sen custo engadido.
- Terás a información cando a precises.
Algunhas dúbidas que che poden xurdir
Outros produtos que che poden interesar
Ser cliente do BBVA
- Traballamos para que as fronteiras non supoñan ningún impedimento ao teu negocio.
- Cremos nun xeito de facer banca que ten como centro as persoas: bancaresponsable.com.
Anticipo de exportacións
Máis información