Confirming internacional
Os 2 lados do confirming internacional
-
Vantaxes para quen contrata o confirming internacionalA través do confirming, o BBVA pode pagar ao teu provedor no estranxeiro na data pactada ou ofrecerlle cobrar por adiantado. Ademais, se o necesitas, cando chega esa data podes adiar o pagamento (o BBVA aboa a factura e adíache o pagamento).
-
Vantaxes para os provedoresSe es provedor e queres cobrar sen ter que esperar 60 ou 90 días, podes facelo a través do confirming do teu cliente. Como? O BBVA págache por adiantado descontando unha cantidade que corresponde a unha comisión e xuros.
Pómosche un exemplo
-
Unha empresa multinacional contrata unha liña de confirming internacional. En marzo compra subministracións a 2 dúas empresas provedoras, unha en Francia e outra na China. A empresa comprométese a realizar o pagamento das dúas facturas aos 90 días.
A provedora francesa prefire non esperar, así que a través do confirming da empresa multinacional anticipa o cobramento a cambio dunha cantidade que inclúe comisión e xuros.
A provedora chinesa decide esperar os 90 días. Cando chega a data de vencemento, a empresa multinacional decide aprazar o pagamento, é dicir, o BBVA aboa a factura á provedora e apraza ese pagamento á empresa multinacional.
Cobramentos e pagamentos en 21 divisas
-
A xestión dos cobramentos e pagamentos internacionais en diferentes divisas é complexa. O confirming internacional permíteche operar en múltiples países e moedas como se o estiveses facendo en territorio nacional.
Acompáñate o teu xestor persoal
-
Os nosos especialistas resolven as túas dúbidasO noso equipo de especialistas en comercio exterior fará máis fáciles as túas operacións internacionais. Axudarate sempre que teñas dúbidas sobre financiamento de importacións.Conta coa nosa experiencia
Terás á túa disposición un xestor persoal especializado. Contarás co seu apoio para resolver dúbidas sobre a túa actividade internacional e así minimizar os posibles riscos.
- Sen custo engadido.
- Terás a información cando a precises.
Necesitas máis información?
Estamos comprometidos cos nosos clientes
- No BBVA queremos axudarche a impulsar o teu negocio ofrecéndoche o financiamento que necesitas.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.