Renting de coches - BBVA Autorenting

Os teus especialistas en renting de coches

O vehículo que necesitas

A unha cota competitiva e con grandes vantaxes.
  • Coches para a túa empresa a unha cota competitiva.
  • Sen necesidade de adquirir o vehículo en propiedade.
  • Renting por unha cota fixa mensual: inclúe seguro e gastos de mantemento.
  • Ayvens Spain Mobility Solutions é o arrendador.

Ofertas e modelos na Península e Baleares

Data fin da promoción: 31/12/2024 ou fin de existencias.

Consulta toda a nosa oferta de renting de vehículos para a túa empresa

Dispomos de diferentes marcas e modelos, incluíndo vehículos híbridos e eléctricos, para que poidas elixir a oferta que mellor se adapte ás túas necesidades.

Como funciona?

  • Coñece as características Autorenting:

    • Poderás arrendar calquera vehículo turismo, comercial, derivado de turismo ou industrial ata 3.500 kg comercializado en calquera concesionario oficial do territorio nacional. 
    • O prazo de alugamento será de entre 12 e 60 meses. 
    • Libre elección de quilometraxe entre 10.000 e 200.000 km totais. 
    • Ao finalizar o contrato escolle se queres devolver o vehículo, ampliar o contrato un ano máis ou comprar o ben segundo o prezo de mercado. 

    Este contrato non admite subrogacións. 

Vantaxes económicas

    • Importante aforro económico.
    • Dispón do vehículo sen desembolso inicial.
    • Impacto nulo da inflación.
    • Non inmobiliza recursos xa que non figura no activo.
    • Economías de escala por grandes volumes de compra.
    • Aforra gastos de administración ao estaren subcontratados (outsourcing).

Vantaxes contables

    • Non activa balances.
    • Mellora de ratios financeiras.
    • Non crea endebedamento.
    • Factura única e pechada.
    • Imputación de cotas como gasto.
    • Control orzamentario.

Vantaxes fiscais

    • As cotas pagadas son gasto fiscalmente deducible (*).
    • IVE soportado deducible (*).

    (*) En función das disposicións legais en vigor. 

Vantaxes de outsourcing

    • Asesoramento especializado.
    • Libre elección de marca, modelo, versión, prazo e quilometraxe.
    • Aforro en tempo, recursos e diñeiro. Maior rendemento empresarial.
    • Con BBVA Autorenting a imaxe da súa empresa mellorará, xa que tanto vostede e como o seu persoal empregado circularán sempre coas últimas novidades automobilísticas, ademais de disporen dunha total seguridade.

    Se desexas máis información, podes achegarte á túa oficina habitual do BBVA, onde te informaremos en detalle; ou ben podes obter información a través de autorenting.sac@grupobbva.com ou no noso centro de atención telefónica 901 11 73 00.

Información que debes coñecer sobre Renting de coches