Ciberseguro BBVA sector público
Indemnización para a persoa beneficiaria
-
Garante os danos e as perdas materiais que sufran os teus bens como consecuencia directa dunha causa accidental, súbita e imprevista.
-
Cobre bens mobiliarios, inmobiliarios e elementos de transporte.
Que cobre?
-
O Ciberseguro BBVA dispón das seguintes coberturas:
- Asistencia telefónica e asesoramento en caso de ataque informático, vulneración de datos, fallo de sistemas ou ameaza de extorsión.
- Perda de beneficios como consecuencia do incidente.
- Responsabilidade civil por fallo de seguridade e por contido dixital.
- Formación en ciberseguridade.
E podes engadir
-
- Protección para comercios con venda en liña:
Perdas económicas no caso de que un terceiro non autorizado modifique intencionadamente os prezos á baixa. Ata 25.000 €, por un período máximo de 60 días.
- Roubo electrónico de diñeiro ou valores:
Perda financeira como consecuencia da emisión de transferencias a través dun acceso non autorizado ao sistema informático do cliente. Ata 50.000 €, excepto as transferencias de fondos por suplantación de identidade ou enxeñaría social.
Como funciona?
-
Poderás comunicar un ciberataque ou fallo de seguridade a través da plataforma Ciber SOC Deloitte, que responderá de maneira inmediata e activará a cobertura correspondente. Só necesitarás achegar a seguinte información:
- Nome da persoa asegurada.
- Número de póliza.
- Datos de contacto.
- Breve descrición do incidente.
Que condicións debes cumprir?
-
Para contratar este seguro terás que cumprir os seguintes requisitos:
- Ter unha facturación igual ou inferior a 7.500.000 €.
- Instalar un antivirus e telo activo como mínimo 30 días desde a data da contratación.
- Realizar copias de seguridade como mínimo mensualmente desde a data de efecto da póliza.
Necesitas máis información?
Ser cliente do BBVA
- No BBVA ofrecémosche a información e as ferramentas para a xestión de institucións.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.