Si. Ademais, o servizo de Confirming está dispoñible para realizar pagamentos nas principais divisas.
Confirming Sector Público
Axudámosche a xestionar os teus pagamentos a provedores.
-
Aforra tempo na xestión das túas facturas.
-
Servizo gratuíto.
-
100 % en liña.
Que é o Confirming?
-
O Confirming é un servizo que che fai máis fácil o pagamento a provedores. En lugar de estar pendente de todas as túas facturas, pásasnos a información e encargámonos de pagar na data exacta a cada provedor.
Como funciona?
-
Só hai que seguir estes sinxelos pasos:
- Accedes á túa banca en liña para empresas.
- Envíasnos as ordes de pagamento subindo un ficheiro de datos.
- E despreocúpaste. Os teus provedores cobrarán na data indicada ou terán a opción de solicitaren o anticipo da factura.
Máis vantaxes no teu día a día
-
Gañas tranquilidadeTerás a seguridade de que os teus pagamentos chegan a tempo a cada un dos provedores.Optimizas recursosTerás que dedicar menos tempo á administración e á xestión de constante de facturas.Simplificas as túas tarefasDesde a túa banca en liña poderás realizar ordes de pagamento, automatizalas e realizar consultas desde un mesmo lugar.
Mellora a relación cos teus provedores
-
As vantaxes que ofrece o Confirming aos teus provedores axudaranche a negociar mellores condicións e prazos.
- Terán a garantía de que os pagamentos son xestionados a través dun banco fiable como o BBVA.
- Poderán solicitar o cobramento anticipado das facturas.
- Se solicitan o anticipo, axilizarán o cobramento da factura.
Como o podo solicitar?
-
Só tes que achegarte ás nosas oficinas ou pórte en contacto co teu xestor persoal, que te axudará a dar de alta o servizo na banca en liña para empresas para poderes comezar a usalo rapidamente.
Necesitas máis información?
Ser cliente do BBVA
- No BBVA ofrecémosche a información e as ferramentas para a xestión de institucións.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
Descubre BBVA Agregador de empresas
Engade e controla todos os bancos da túa empresa nun mesmo sitio.
Controla todas as túas contas e toma mellores decisións ao tempo que aforras tempo para a túa empresa.