- Calquera persoa física a partir de 18 anos con NIF ou NIE e con permiso de conducir español ou autorizado pola UE.
- Persoas xurídicas con CIF como tomador e/ou propietario.
Aseguradora: BBVA ALLIANZ SEGUROS Y REASEGUROS S.A.
Mediador: BBVA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO, S.A., inscrita no Rexistro Administrativo de Distribuidores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave OV0060. Ten concertado un seguro de responsabilidade civil profesional.
O seguro para vehículos de uso comercial/profesional da túa empresa, coas coberturas que estás buscando, segundo a modalidade que contrates
- Dispós de 4 modalidades de seguro con amplas coberturas, sen necesidade de incluír garantías opcionais.
- Accidentes corporais para o condutor ata 100.000 €.
- Redución dun 20% do valor da franquía reparando nos talleres da rede BBVA Allianz.
- Asistencia en estrada e de viaxe as 24 horas, os 7 días da semana.
- Subsidio diario en caso de retirada do permiso de conducir.
Que modalidades che ofrece este seguro de coche para empresas?
-
O seguro de coche para empresas e autónomos BBVA Allianz Auto Profesional ofréceche 4 modalidades de seguro:
- Terceiros ampliado.
- Terceiros ampliado + roubo + fenómenos da natureza.
- Todo risco con franquía.
- Todo risco con franquía Plus.
Que coberturas ofrece este seguro aos vehículos da túa empresa?
-
As coberturas incluídas en todas as modalidades do seguro de coche para empresas e autónomos BBVA Allianz Auto Profesional son:
- Responsabilidade civil obrigatoria.
- Responsabilidade civil complementaria.
- Responsabilidade civil da carga.
- Reclamación de danos.
- Adianto de indemnizacións.
- Accidentes corporais do condutor, que inclúe morte e invalidez física permanente e asistencia sanitaria.
- Rotura de cristais.
- Danos por incendio.
- Danos por colisión con animais.
- Retirada do permiso de conducir (só en caso de condutor identificado).
- Tramitación de multas e recursos por vía administrativa, defensa xurídica, reclamacións e fianzas.
- Asistencia en estrada e viaxe, 24 horas ao día, durante os 365 días do ano desde o quilómetro 0.
Ademais, na modalidade de terceiros ampliado + roubo tamén se inclúe:
- Danos por roubo.
- Danos por fenómenos da natureza.
E nas modalidades de todo risco con franquía e todo risco con franquía Plus, todas as coberturas anteriores e ademais:
- Danos propios con franquía.
Viríache ben fraccionar o pagamento e ademais aforrar cos teus seguros?
- O recibo fraccionarase en mensualidades, para poderes pagalo comodamente e sen sorpresas.
- Poderás aforrar desde un 4% incluíndo 2 seguros BBVA no plan, un 5% se inclúes 3 seguros e así progresivamente ata un máximo do 15% de aforro se inclúes 10 seguros.
- E todo sen comisións nin permanencias.
* Pódese incluír no Plan EstarSeguro cando o tomador é NIF ou NIE. Non está permitido cando o tomador é CIF.
Necesitas máis información?
Tamén che podería interesar
Ser cliente do BBVA
- No BBVA ofrecemos unha ampla gama de seguros para protexerte tanto a ti como o teu negocio.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.