Que cobre este seguro de responsabilidade civil?
-
O seguro de responsabilidade civil para profesionais autónomos e empresas permíteche facer fronte aos danos causados a terceiros (económicos, materiais e corporais) no exercicio da túa actividade profesional :
- Protexe o teu persoal empregado, o seu traballo e o propio autónomo de danos ocasionados a terceiros no desempeño da súa actividade profesional.
- Cobre as posibles indemnizacións baixo o marco da cobertura e os gastos de defensa aos que terías que responder por posibles reclamacións formuladas por terceiros, debido aos danos económicos, materiais ou corporais ocasionados durante o exercicio da túa actividade laboral ou profesional.
Adaptámonos ás túas necesidades. Por iso, en función da natureza da túa actividade ou a da túa peme poderás acceder a unhas coberturas ou outras.
Algúns exemplos das coberturas das que podes dispor co seguro de responsabilidade civil para profesionais e pemes son as seguintes:
- Responsabilidade civil patronal.
- Responsabilidade civil explotación.
- Responsabilidade civil cruzada.
- Responsabilidade civil subsidiaria.
- Responsabilidade civil contaminación.
- Responsabilidade civil profesional.
Queres personalizar o teu seguro de responsabilidade civil?
-
- Podes escoller un límite de indemnización de ata 2.000.000 €.
- O límite anual agregado é o triplo da suma asegurada, ata 6.000.000 €.
- O produto ofréceche unhas garantías fixas que podes complementar con garantías opcionais para adaptalo á túa actividade ou profesión.
Que condicións debes cumprir?
-
Para contratares este seguro de responsabilidade civil tes que ser autónomo ou peme.
E cumprir coas seguintes delimitacións cuantitativas en función do tipo de actividade:
- Facturación máxima ata 25.000.000 €.
- Salarios ata 3.750.000 €.
- Orzamento ata 7.500.000 €.
- Número de alumnos ata 2500.
- Honorarios ata 4.500.000 €.
Necesitas máis información?
Tamén che podería interesar
Ser cliente do BBVA
- No BBVA ofrecemos unha ampla gama de seguros para protexerte tanto a ti como o teu negocio.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
Engade os teus bancos á app do BBVA
-
Teño unha empresa
-
Son autónomo/a