-
Para o que queiras e en 24 horas
Solicita entre 100 € e 15.000 €, segundo os teus ingresos co TPV, e en 24 h terás os cartos na conta. -
Devólvelo segundo factures
Se un día non facturas, non pagas nada. Tes ata 150 días de prazo. -
Sen xuros nin custos extra
Só terás que asumir un 2% de comisión de apertura por cada anticipo que pidas.
Queres solicitar un Anticipo TPV?
Antes de solicitalo, se es peme*, podes simular a cantidade que necesites e saber en cantos días o poderías devolver.
- Selecciona o importe que queiras anticipar.
- Recibe o diñeiro na conta en menos de 24 horas.
- Devólveo a medida que vaias facturando, tes ata 150 días. A cota diaria de devolución será do 20% dos ingresos que fagas co TPV, así que os días que non factures non pagarás nada.
Pómosche un exemplo: “A Panadaría de Manuel”
Manuel ten unha panadaría e necesita un anticipo de 3.000 € para poder mellorar o seu obradoiro e especializarse en pan sen glute.
Como devolverá o seu anticipo?
Coa súa facturación diaria co TPV, Manuel foi devolvendo automaticamente o 20% das súas cotas, sen preocuparse. Nos días en que facturou 500 € devolveu 100 € e nos días en que facturou 50 € devolveu 10 €. Como aos luns non abre e non factura, non pagou nada neses días.
Ao final, Manuel devolveu o seu anticipo en 123 días.