Un paquete de dispositivos para controlares ao máximo o teu negocio
-
Xestión centralizada
Instala aplicacións especializadas para o teu negocio nun iPad e nos TPV Android que necesites -
Cobramentos conectados
Rexistra todos os cobramentos coa caixa rexistradora e o TPV conectados -
Control de vendas
Sigue os teus cobramentos e xestiona devolucións en tempo real desde a app.
Xestiona o teu negocio máis rápido e fácil
- Integra os pedidos co sistema de cobramento.
- Crea os teus catálogos ou menús con imaxes de produto.
- Imprime códigos de barras e etiquetas para os teus produtos.
- Xestiona inventarios, reservas e provedores.
- Envía os pedidos directamente á cociña ou ao almacén.
- Envía facturas por correo electrónico directamente desde a app.
- Controla as operacións de efectivo e do TPV tamén desde o móbil.
- Se estás situado no País Vasco, cumpre coa normativa TicketBAI porque a información dos teus cobramentos enviarase de maneira telemática á túa Facenda Foral desde o TPV e no mesmo momento do cobramento.
Axudámoste a iniciarte no sistema e acompañámoste cada día
Garantímosche o máximo rendemento con Smart Business desde o primeiro día.
- Instalación no teu local. Desprazámonos ao teu local para instalar o sistema e asegurarnos de que todo funciona perfectamente.
- Primeiros pasos en compañía especializada. Axudámoste a familiarizarte co sistema e cargamos os datos dos teus produtos ao sistema.
- Mantemento incluído. Respondemos ante os problemas do sistema ou os danos dos dispositivos grazas a un seguro de riscos.
Encontra un sistema adaptado ao teu negocio
Ofrecemos diferentes paquetes coas aplicacións e os dispositivos axeitados para cada sector:
- Paquete Retail deseñado para tendas e outros comercios.
- Paquete Restauración deseñado para restaurantes, cunha versión básica e unha avanzada segundo o tamaño e as necesidades do teu negocio.
E ademais, podes ampliar o teu paquete cos dispositivos extra que necesites e engadir un lector de código de barras, un escáner ou unha app para xestionar as reservas do teu local.
Como é o contrato de Smart Business?
-
Smart Business está formado por 2 contratos diferenciados:
- Rent&Tech e Revo proporcionan os dispositivos cun seguro de riscos e a subscrición ás aplicacións de xestión cun contrato de renting por un prezo mensual durante 24 ou 36 meses.
- O BBVA proporciona os TPV cunha tarifa asociada a cada paquete que poderás adecuar ás túas preferencias despois de asinares o contrato.
Necesitas máis información?
BBVA Smart Business
Máis información