TPV PC Avanzado
Unha solución chave en man para integrar os pagamentos no teu sistema de xestión.
Instalamos os TPV no teu sistema de xestión sen un grande investimento inicial
-
TPV integrados
Conectamos os TPV de cobramento co teu sistema de xestión. -
Portal omnicanle
Facilitamos o control desde un mesmo dashboard con toda a operativa de negocio presencial e dixital. -
Soporte permanente 360º
Axudamos en todo o proceso: na prevenda, a integración e durante a actividade do teu negocio.
Queres integrar os cobramentos no teu sistema de xestión?
Deseñamos unha solución de cobramentos personalizada para o teu negocio en calquera oficina BBVA. Encontra a oficina máis próxima e recibe a proposta de especialistas na solución sen compromiso.
Integra os TPV no teu sistema de xestión co BBVA
Unha única solución para todos os teus cobramentos con tarxetas, e-wallet e códigos QR de Alipay e WeChat.
Permite que todos os teus puntos de venda controlen as operacións principais:
- Cobramentos con sumatorio automático ao escanear os teus produtos para evitar erros de marcaxe.
- Operatoria internacional con Tax Free e cobramentos DCC con tarxetas non euro.
- Devolucións por calquera canle. Por exemplo, o teu cliente poderá devolver no teu local algo que comprou na túa tenda electrónica.
- Consultas de operacións e totais para controlar e mellorar a fidelidade dos teus clientes.
Utiliza os TPV ideais en cada punto de venda
Cun prezo mensual para garantir que o teu sistema sempre está actualizado e activo.
Tes opcións dispoñibles para os teus locais ou, se o precisas, para a túa tenda electrónica:
- Para os teus locais, podes escoller un TPV con cable como o TPV Fixo ou un TPV MPOS sen fíos como o TPV Móbil Smartpay, o TPV Móbil GPRS ou o TPV Android.
- Para a túa tenda electrónica, se o precisas, tes dispoñible o TPV Virtual para integrar unha pasarela de pagamento con todas as facilidades.
Ademais, inclúe un servizo de consultas e de mantemento 24/7 para que, se tes problemas con calquera TPV, o solucionemos ou o substituamos en menos de 48 horas.
Controla toda a actividade desde un portal omnicanle
Un espazo para mellorar a experiencia no comercio, coñecer todos os detalles para mellorar o teu negocio e axudarte na toma de decisións:
- Seguimento e xestión de todas as operacións de todos os teus comercios desde un único espazo: canles presenciais e comercio electrónico.
- Análise de datos con gráficos, estatísticas e filtros de segmentación de operacións.
Axudámoste ao longo de todo o proceso
- Antes da venda, axudámoste a identificar as necesidades do teu negocio para deseñar a solución máis adecuada e proporche o contrato máis apropiado.
- Durante a instalación, ocupámonos da integración e posta en marcha da solución completa sen que teñas que facer ningún desenvolvemento específico e acompañámoste en cada paso de forma presencial e dixital coa formación necesaria.
- Durante a túa actividade, proporcionamos un servizo de atención e de mantemento 24/7 para solucionar calquera imprevisto que poida afectar ao teu negocio. E, se calquera TPV dá problemas, arranxámolo ou substituímolo en menos de 48 horas.