Se aínda non es cliente, sigue estes pasos para conseguires o teu TPV Virtual + bono coa promoción
Faite cliente
Abre unha Conta Bienvenida sen comisións nin condicións. Se xa es cliente, comeza no paso 2.Contrata o teu TPV Virtual
Entra en Quero contratar desde a app BBVA ou en Cobramentos e pagamentos desde a túa área privada en bbva.es e solicita o teu TPV Virtual para cobrar e xestionar o teu negocio desde calquera lugar.Escolle un Bono TPV
Selecciona o bono, agora sen custo durante os 12 primeiros meses.Dispón de My Business
Controla as vendas e os TPV do teu negocio desde o móbil, con BBVA My Business.A nosa pasarela de pagamentos dixitais que se adapta ao teu negocio
-
Soporte técnico 24 h
Soluciona as túas incidencias técnicas ou dúbidas sobre a operatoria cando o necesites. -
Tarifa á túa medida
Ti escolles como pagar, cun prezo estable ou un variable, segundo as túas vendas e o TPV Online que elixas.
-
Control de vendas
Sigue os teus cobramentos en liña e xestiona devolucións en tempo real desde a app.
Un mesmo TPV Virtual para todos os pagamentos dixitais
-
Con e-commerce
-
Sen e-commerce
Integra unha pasarela de pagamento no teu e-commerce.
Unha pasarela de pagamento en liña que se adapta ao que necesites:
- Compatible coas principais plataformas de comercio electrónico.
- Personalizable coas cores e a imaxe da túa marca.
- Adaptable a calquera dispositivo polo seu deseño responsive.
Que operacións podes ofrecer?
Podes ofrecer calquera tipo de operación:
- Pagamentos estándar en liña con tarxeta ou Bizum.
- Pagamentos en one-clic desde o teu e-commerce.
- Preautorización de pagamentos para vendas en que se descoñece o importe final.
- Subscricións para pagamentos recorrentes e programados.
- Devolucións das compras dos teus clientes.
Controla todas as túas operacións en liña e en tempo real
- Sigue as túas vendas en liña e devolucións de forma diaria ou por períodos na app BBVA My Business.
- Xestiona todas as operacións desde o Portal de administración do BBVA.
- Analiza as túas vendas detalladamente no novo espazo Data Analytics, onde reunimos todos os datos do teu negocio en liña para axudarche a tomar as decisións axeitadas.
Paygold, a solución para negocios sen e-commerce
Vende por redes sociais, por teléfono ou outras canles e envía unha ligazón de pagamento sen custo adicional.
Cobra a distancia con Paygold en 3 pasos:
- Introduce o importe da venda para xerar a ligazón da túa venda.
- Envía a ligazón ao teu cliente por correo electrónico, SMS ou redes sociais para que pague nunha pasarela de pagamento do BBVA.
- Recibe a confirmación de pagamento e entrega o teu pedido.
Que operacións podes ofrecer?
Podes ofrecer 3 tipos de operacións:
- Pagamentos estándar con tarxeta.
- Pagamentos inmediatos con Bizum, só para autónomos.
- Devolucións das compras dos teus clientes.
Controla todas as túas operacións en liña e en tempo real
- Sigue as túas vendas en liña e devolucións de forma diaria ou por períodos na app BBVA My Business.
- Xestiona todas as operacións desde o Portal de administración do BBVA.
- Analiza as túas vendas en detalle co novo servizo de Data Analytics e extrae o teu ratio de conversión e compara datos por método de pagamento, por país e outras variables.
Por que é interesante contar con Bizum para empresas?
Máxima seguridade
-
- Garante o cumprimento das normativas de seguridade PSD2 en todos os pagamentos.
- Conta ademais cun servizo de soporte técnico para optimizar a seguridade e revisar as posibles exencións de PSD2 no teu negocio.
- Garante o cumprimento do PCI-DSS e conta cun soporte para responder a todas as túas dúbidas sobre este estándar de seguridade obrigatorio para as empresas que procesan datos de tarxetas.
- Mantén un control antifraude. Reduce o risco da operación sen que afecte ás túas vendas.
Servizos dispoñibles
-
- Accede a unha oferta personalizada de liquidez baseada nas vendas do teu TPV Virtual a partir do 3.º mes de uso co Préstamo TPV Online*. Máis información
- Ofrece aos teus clientes pagar a prazos as súas compras mentres ti recibes o cobramento completo e sen custo adicional co servizo Plazox.
- Recibe un extracto diario das operacións liquidadas e de incidencias ou reclamacións co servizo de envío de ficheiros.
- Accede a unha oferta personalizada de liquidez baseada nas vendas do teu TPV Virtual a partir do 3.º mes de uso co Préstamo TPV Online*. Máis información
Vendas internacionais
-
- Permite ao teu cliente pagar na súa moeda co servizo DCC.
- Vende directamente en divisas coa operatoria multimoeda.
- Acepta as principais tarxetas internacionais: American Express, JCB, Diners/Discover e a China Union Pay.
- Páxina de pagamento multiidioma para que quen compre pague seguindo as instrucións no seu idioma.
Escolle a mellor tarifa para o teu negocio
-
Tarifa fixa
Un prezo mensual estable para pagamentos dixitais con tarxetas Visa e Mastercard e un prezo adicional variable para outros pagamentos:
- TPV Virtual: gratis.
- Pagamentos con tarxetas Visa, MasterCard e Bizum: Bono por 10 €/mes que inclúe 20.000 € de pagamentos ao ano. Ao excedelos, cobrarase un 1,10% adicional de cada venda.
- Pagamentos con tarxetas internacionais: cobrarase desde o 1,70% de cada venda segundo o tipo de tarxeta.
-
Tarifa variable
Un prezo mensual que varía segundo a facturación mensual e a forma de pagamento:
- TPV Virtual: prezo mensual de 0 € se facturas máis de 2.500 € ou 5 € se facturas menos.
- Pagamentos con tarxetas Visa e MasterCard: cobrarase desde o 0,40% de cada venda segundo o tipo de tarxeta.
- Pagamentos con tarxetas internacionais: cobrarase desde o 1,70% de cada venda segundo o tipo de tarxeta.
- Outros pagamentos: cobrarase o 0,60% de cada pagamento con Bizum.
Queres que tratemos o teu caso de forma particular?
Necesitas máis información?
Dedícaste a desenvolver software?
-
Axudámoste a instalar o TPV Virtual
Deseña a experiencia de pagamento que mellor se adapte ao teu e-commmerce, desde un sinxelo carro da compra ata web service. Coñece todo o que necesitas para instalar o TPV Virtual:
- Consulta directamente o Manual de TPV Virtual por redirección, o modelo de integración máis utilizado. Se queres integrar a túa pasarela doutro xeito, atopa as guías para todos os modelos de integración: Redirección, InSite, REST ou InApp.
- Se o teu comercio electrónico está desenvolvido con algunha das principais plataformas de comercio electrónico como Prestashop, WooCommerce, Magento ou outras, descarga gratis os executables. E se está desenvolvido con app, tamén dispós do kit de desenvolvemento software (SDK).
No Espazo BBVA Desenvolvedores encontrarás toda a información, guías e exemplos para a integración do TPV Virtual BBVA.
Se necesitas máis información técnica sobre o TPV Virtual escribe unha mensaxe electrónica a soportevirtual@bbva.com e o noso equipo de soporte vaiche responder tan rápido como sexa posible.