Como crear unha empresa paso a paso

Guía para montar o teu negocio paso a paso

Tes pensado emprender e abrir o teu propio negocio? Tanto se o queres facer como autónomo ou creando unha empresa, contámosche paso a paso como podes crear a túa empresa en España.  

Sabemos que pode ser un proceso longo e confuso. No BBVA queremos axudarte no teu camiño cara ao emprendemento e, por iso, desenvolvemos esta guía en que che contamos todo o que necesitas saber para logralo.

Crea a túa empresa sen te preocupares do papelame

Para que emprender non che quite as ganas de emprender, faite do BBVA e terás asesoramento especializado sen custo para axudarche coas xestións para montar a túa empresa. Ademais, poderás aforrar ata 720 € brutos ao domiciliares os impostos e/ou seguros sociais na túa nova Conta Empresas Bienvenida.

Válido para novas empresas en constitución ata o 31/12/2024.

Antes de comezar…

  • Ten clara a túa idea de negocio

    Sempre tes máis opcións de éxito se a túa idea é unha idea madura.

     

  • Elabora un plan de negocio.

    Serache útil realizar unha análise DAFO (iniciai​s de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) da túa idea.

     

  • Fai unha investigación de mercado.

    Tamén será útil facer un autodiagnóstico da capacidade emprendedora, para coñecer mellor o teu produto ou servizo e as túas posibilidades de éxito.

Como tes pensado emprender?

Se tes pensado abrir un negocio, primeiro debes decidir se o vas facer dándote de alta como autónomo ou ben creando unha empresa. A continuación contámosche cales son os pasos segundo a opción que escollas.

Elixe unha opción: