Como podes aproveitar esta oportunidade
Consulta todas as axudas dispoñibles e solicita a que máis se adapte ás necesidades da túa empresa. Non deixes pasar esta oportunidade para transformar e dar un novo impulso ao teu negocio.
No BBVA ofrecémosche financiamento para complementar os fondos NGEU
Que son os fondos europeos Next Generation
A UE tiña previsto establecer un orzamento para desenvolver Europa entre 2021 e 2027. Debido á crise da COVID-19, ese orzamento incrementouse en 750.000 millóns de euros. Ese incremento é o que se coñece como fondos europeos Next Generation.
O obxectivo é relanzar a economía no curto prazo e mellorar a produtividade e o potencial de crecemento no medio e longo prazo.
Últimas noticias sobre os fondos europeos Next Generation
Podes facer a solicitude 100 % en liña
Desde o BBVA dámosche acceso a un proceso 100 % en liña para poderes solicitar as axudas públicas. A solicitude realízase a través dunha plataforma da empresa colaboradora Minsait (Indra).
No BBVA tamén financiamos proxectos sostibles
Estamos a impulsar un futuro máis verde e sostible. Unha das formas de conseguilo é ofrecendo financiamento para proxectos de eficiencia enerxética. Tanto se accedes aos fondos europeos Next Generation como se non, podes contar connosco.
Necesitas máis información?
Descarga os boletíns informativos Next Generation
As condicións dos fondos europeos Next Generation están suxeitas aos criterios legais marcados pola Unión Europea e/ou o Goberno de España.
O BBVA orientará o cliente sobre os trámites necesarios para intentar acceder ás diferentes axudas públicas e/ou subvencións, a través de varios socios que, a pedimento directo do cliente, realizarán cálculos orientadores usando as fontes legais emanadas das publicacións e/ou boletíns oficiais que os propios organismos públicos emitan, como partícipes nos diversos programas de canalización dos fondos.
Todo iso co obxectivo de poder facilitar ferramentas útiles para que o cliente detecte as súas posibles necesidades financeiras complementarias, aínda que a concesión e o acceso a estas posibles axudas ou subvencións non dependerán do BBVA, senón da idoneidade de cada solicitante e da elixibilidade de cada proxecto de investimento presentado. Téñase en conta, ademais, que cada comunidade autónoma, entidade Local ou organismo público participante podería modificar os criterios para as solicitudes ou concesións.