Si. Para contratar o Renting Autoconsumo Solar tes que ser autónomo, peme ou empresa e propietario do inmoble onde se instalarán as placas fotovoltaicas. Se non es propietario do inmoble, consulta coa túa oficina BBVA.
Renting Autoconsumo Solar
Como funciona?
-
Co Renting Autoconsumo Solar poderás mellorar a eficiencia enerxética da túa empresa mediante o alugamento de paneis fotovoltaicos. Optimizarás o custo enerxético do teu negocio grazas ao autoabastecemento e, ademais, terás un consumo eléctrico máis verde e sostible.
Así que fagas a solicitude de Renting Autoconsumo Solar, farase un estudo inicial da instalación e dos seus potenciais aforros na factura enerxética para ofrecerche propostas de financiamento acordes ás túas necesidades.
Que servizos inclúe?
-
O Renting Autoconsumo Solar inclúe os seguintes servizos:
- Persoal especializado na xestión enerxética que supervisa e xestiona o teu proxecto de principio a fin.
- Un estudo inicial cun primeiro predimensionamento da instalación e o seu potencial aforro na factura enerxética de acordo coas tarifas en vigor.
- Visita dunha persoa consultora ou instaladora para a presentación dun orzamento final con todos os detalles incluídos para a súa posta en marcha.
- Xestión de compras e provedores de todos os elementos necesarios para a instalación dos paneis fotovoltaicos.
- Soporte de mantemento a través da nosa rede de colaboradores e atención ao cliente.
Necesitas máis información?
Tamén che podería interesar
Descubre BBVA Agregador de empresas
Engade e controla todos os bancos da túa empresa nun mesmo sitio.
Controla todas as túas contas e toma mellores decisións ao tempo que aforras tempo para a túa empresa.
Renting Autoconsumo Solar
Solicitar