O factoring sen recurso cobre o risco de impagamento cando hai quebra ou a insolvencia é declarada por concurso de acredores. Porén, non cobre o impagamento por outras razóns como a disputa comercial.
Factoring internacional
O banco como intermediario
-
Obtén anticipos ao momentoAo contratar a liña de factoring, o banco concédeche un importe que terás dispoñible para ir realizando anticipos das túas facturas emitidas. Así, poderás cobrar sen esperar á data de vencemento.
-
O BBVA XESTIONA AS TÚAS FACTURASEncargámonos nós de xestionar o cobramento das túas facturas. Primeiro adiantámosche o importe e, na data de vencemento pactada, cobramos ao teu cliente.
Opera con total seguridade
-
Podes asegurar o cobramentoO factoring sen recurso é a modalidade máis habitual deste tipo de financiamento. A súa principal vantaxe consiste en que é o banco o que asume o risco de insolvencia. A túa empresa reduce o risco, porque se o teu cliente se declara en quebra, ti cobras igualmente.
Como funciona?
-
1. SOLICITUDE E ESTUDOSolicitas unha liña de factoring e o banco realiza un estudo. Na modalidade «sen recurso» tamén analizamos a solvencia dos teus clientes e establecemos a cantidade máxima que podes anticipar con cada un deles.
-
2. sinatura e aperturaUnha vez concedido, o contrato é asinado ante notario. A partir dese momento poderás anticipar facturas segundo as condicións do contrato.
-
3. UsoUn dos teus clientes internacionais vaiche pagar unha factura a 90 días. Para evitar ese atraso, utilizas a liña de factoring: o banco abóache o importe sen esperas e, aos 90 días, encárgase de xestionar o cobramento ao teu cliente.
O prezo é personalizado
-
Un xestor analizará o teu caso
Despois de coñecermos os detalles da empresa, ofrecerémosche un prezo personalizado.
En xeral, o custo principal do factoring é a comisión de cesión, unha porcentaxe da factura que anticipas (cóbrase por asegurar e realizar a xestión do cobramento da factura).
Acompáñate o teu xestor persoal
-
Os nosos especialistas resolven as túas dúbidasO noso equipo de especialistas en comercio exterior fará máis fáciles as túas operacións internacionais. Axudarate sempre que teñas dúbidas sobre financiamento de importacións.Conta coa nosa experiencia
Terás á túa disposición un xestor persoal especializado. Contarás co seu apoio para resolver dúbidas sobre a túa actividade internacional e así minimizar os posibles riscos.
- Sen custo engadido.
- Terás a información cando a precises.
Algunhas dúbidas que che poden xurdir
Outros produtos que che poden interesar
Por que BBVA?
- Traballamos para que as fronteiras non supoñan ningún impedimento ao teu negocio.
- Cremos nun xeito de facer banca que ten como centro as persoas: bancaresponsable.com.
Factoring internacional
Solicitar información