Remesa simple e remesa documentaria
Unha garantía engadida
-
Que é unha remesaÉ un dos medios de pagamento máis habituais en comercio exterior. Consiste en encargar ao banco a xestión dunha serie de documentos que fan posible o cobramento dunha exportación.
-
Que tipos hai
- Remesas simples, nas que só se achega documentación financeira (notas promisorias, letras de cambio, etc).
- Remesas documentarias, nas que se achega documentación financeira e comercial (facturas, pro formas, contratos, etc).
Máis control e menos xestión
-
Vantaxes para quen exportaContas coa seguridade de que a xestión do cobramento é realizada por un banco. Ademais, no caso das remesas documentarias, mantés a propiedade sobre a documentación que permite dispor da mercadoría ata que cobras.
-
Vantaxes para quen importaPodes verificar que os documentos son os pactados co exportador antes de realizar o pagamento. Isto permíteche reducir a incerteza e contar con maior control sobre a operación.
O prezo é personalizado
-
Analizamos a túa empresaCada caso é diferente, por iso, un xestor analizará as necesidades da túa empresa antes de ofrecerche un prezo para unha remesa.
Acompáñate o teu xestor persoal
-
Os nosos especialistas resolven as túas dúbidasO noso equipo de especialistas en comercio exterior fará máis fáciles as túas operacións internacionais. Axudarate sempre que teñas dúbidas sobre financiamento de importacións.Conta coa nosa experiencia
Terás á túa disposición un xestor persoal especializado. Contarás co seu apoio para resolver dúbidas sobre a túa actividade internacional e así minimizar os posibles riscos.
- Sen custo engadido.
- Terás a información cando a precises.
Outros produtos que che poden interesar
Ser cliente do BBVA
- Traballamos para que as fronteiras non supoñan ningún impedimento ao teu negocio.
- Cremos nun xeito de facer banca que ten como centro as persoas: bancaresponsable.com.
Remesa simple e remesa documentaria
Máis información