Tarxetas de crédito para empresas Solred
Unha tarxeta de crédito para medianas e grandes empresas.
Diferentes opcións de pagamento
-
Como é habitual nas tarxetas de crédito, tes diferentes opcións de pagamento: pagamento a mes vencido, pagamento dunha cantidade fixa ou unha porcentaxe cada mes (con xuros).
Descontos e asistencia
-
Podes aforrar ata o 2% en combustible en Repsol, Campsa e Petronor. Ademais, co Servizo Conexión MasterCard, podes consultar con especialistas as túas dúbidas relacionadas con informática e cuestións legais.
Seguro de viaxe e accidentes
-
A tarxeta de crédito para empresas inclúe seguro de asistencia en viaxe, seguro de accidentes e seguro de infidelidade de empregados.
Seguro de asistencia en viaxe. Cobre os titulares da tarxeta e os seus familiares nas súas viaxes, aínda que os billetes non estean pagados coa Tarxeta BBVA Corporate, e todos os viaxeiros que viaxen cun billete pagado coa tarxeta. Cobre, entre outros, os seguintes conceptos: gastos médicos e de hospitalización en viaxe, gastos de repatriación por enfermidade ou falecemento, gastos de desprazamento por falecemento do titular, prórrogas no estranxeiro por prescrición médica, así como indemnizacións por atraso de voo, roubo ou demora da equipaxe.
Mellora a xestión das tarxetas dos teus empregados
Intégrase con ferramentas de xestión de gastos e ERP
Con Commercial Cards, a solución global de BBVA Pivot, poderás xestionar de forma máis áxil e eficiente os gastos realizados coas tarxetas corporativas do BBVA grazas á nosa integración coas ferramentas líderes do mercado.
Outros produtos que che poden interesar
Por que BBVA?
- Contamos cunha rede de 4.500 caixeiros en España a disposición dos nosos clientes.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
* Bonificación de ata un 2% de desconto permanente en carburantes ao pagares coa Tarxeta Negocios Crédito en estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor adheridas a Solred en España e Andorra. Esta bonificación ficará reflectida na factura de Solred. A tarxeta está suxeita á aprobación do BBVA.
Tarxeta Empresas Crédito
Solicitar