Axudas ao emprendemento para abrir negocios e empresas

Acompañámoste para que, desde a túa idea, poidas crear a túa propia empresa ou peme

  • Somos o teu socio financeiro e axudámoste en todos os pasos que necesites para emprender o teu negocio.
  • Contarás coa experiencia dun banco que acompañou xa miles de emprendedores.
  • Ademais, na nosa guía de emprendemento contámosche paso a paso como podes crear a túa empresa.

 

Crea a túa empresa sen te preocupares do papelame

Para que emprender non che quite as ganas de emprender, faite do BBVA e terás asesoramento especializado sen custo para axudarche coas xestións para montar a túa empresa. Ademais, poderás aforrar ata 720 € brutos ao domiciliares os impostos e/ou seguros sociais na túa nova Conta Empresas Bienvenida.

Válido para novas empresas en constitución ata o 31/12/2024.

Impulsamos o emprendemento traballando ao teu lado con solucións especializadas

Axudas e subvencións que podes solicitar para empresas e pemes

Axudámosche a orientarte e coñecer que axudas e subvencións para emprendedores podes solicitar.

Solucións de liquidez e financiamento

Ofrecémosche produtos bancarios e solucións financeiras en función do tipo de negocio que queiras montar.

Solucións tecnolóxicas e ferramentas dixitais

Ferramentas financeiras (simuladores…) e tecnolóxicas adaptadas ao teu negocio e en función do teu sector.

Especialistas por sectores

Os nosos xestores especialistas orientarante sobre que solución se adapta mellor ao teu negocio e analizarán as alternativas de financiamento máis interesantes. 

Algunhas dúbidas que che poden xurdir antes de constituír unha empresa

Recomendámosche que consultes as túas opcións de maneira activa, xa que as subvencións non só teñen prazos de presentación fixados, senón que son flutuantes no tempo. Para estar ao día, lembra que a Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa publica información actualizada de programas de axudas e incentivos para a creación de empresas, que están convocados por administracións públicas e outros organismos relacionados.

Queres conseguir ata 720 € brutos?
Faite cliente e domicilia a túa cota de autónomo, os teus impostos e/ou seguros sociais na túa conta.
Faite cliente e domicilia a túa cota de autónomo, os teus impostos e/ou seguros sociais na túa conta.