Plans de pensións para autónomos: máis aforro hoxe, máis tranquilidade mañá

Se traballas para ti, é posible que a túa pensión pública non sexa suficiente para xubilarte. Cos plans de pensións de emprego podes investir no teu futuro coa experiencia do noso equipo de xestores.

Queres manter os teus ingresos cando te xubiles?

Para investires na xubilación que mereces

Plan de pensións Moderado para Autónomos

Abre a túa Conta Negocios Bienvenida con este plan de pensións de emprego e empeza a planificar o teu futuro.

  • Poderás achegar 5750 € cada ano e deducilo a nivel fiscal.
  • Elixirás un equipo de xestores con máis de 30 anos de experiencia.
  • Pagarás menos comisións que cun plan individual.

Terás máis vantaxes que cun plan de pensións individual

  • Máis aforro fiscal

    Poderás achegar ata 5750 € ao ano e deducir o que invistas na túa declaración da renda.
  • Flexibilidade total

    Co buscador poderás filtrar os plans segundo as túas preferencias e comparalos.
  • Control desde a app

    Consulta o teu plan polo miúdo e analiza como evoluciona a rendibilidade que vas xerando.
  • Un equipo ao teu lado

    Contarás cun equipo experto en investimento para asesorarte na app, nas oficinas ou por teléfono.
Poderás deducir ata 5750 € cada ano ao investir 1500 € de forma individual e 4250 € por seres autónomo

Cada ano, aforrarás na túa declaración da renda

  • Poderás investir ata 5750 € ao ano con este plan de pensións (4250 € por seres autónomo e 1500 € de forma individual).
  • Ademais, todo o que achegues poderás deducilo no teu IRPF: o diñeiro investido restarase á túa base impoñible e será coma se non o gañases.

Por exemplo, se achegas 4250 € e gañas 40 000 € ao ano, poderás desgravar ata 1572,5 €.

Poderás xestionar todo con total flexibilidade

Axusta as túas achegas

Se as programas, o teu aforro medrará sen notalo. Tamén poderás investir de forma puntual se un mes che vai mellor.

Revisa como evoluciona

Poderás analizar como avanza o investimento do teu fondo de pensións e o aforro que vas acumulando.

Pausa o plan se o necesitas

A túa situación laboral cambia? Pausa as achegas do teu plan sen perder a rendibilidade que xeraches.

Elixe como cobrar o teu diñeiro

Cando chegue o momento, recibirás o teu aforro en forma de capital (pagamento único), de renda (pagamento periódico) ou mixta.

E cando chegue o momento, recibirás o teu aforro

Os nosos plans de pensións para autónomos están pensados para garantir o teu benestar económico, por iso, poderás retirar o teu aforro:

  • Cando as achegas do teu plan teñan máis de 10 anos: para contar cun extra de liquidez.
  • Cando leves máis dun ano no paro: para seguires tendo ingresos mentres buscas oportunidades.
  • Cando te xubiles: para complementares a túa pensión pública.

Dúbidas comúns sobre os plans de pensións de emprego para autónomos