Como evolucionan as bolsas no ciclo presidencial americano?
Álvaro Manteca, responsable de estratexia de investimento da Banca Privada do BBVA.

13/07/2023

Entre as teorías dos ciclos, podemos encontrar unha pouco coñecida, que relaciona a evolución dos índices bolsistas coas eleccións presidenciais americanas.
Nesta teoría, os anos agrúpanse en catro categorías: anos electorais, anos postelectorais, anos de metade de mandato e anos preelectorais. Tamén se distingue se o presidente se presenta á reelección ou se, polo contrario, esgota o mandato.


Sobre esta base, os anos preelectorais como o actual son os mellores desde un punto de vista de desempeño bolsista, sobre todo se o presidente aspira á reelección. Unha explicación deste resultado é que os políticos intentan evitar por todos os medios unha recesión económica, que limitaría sensiblemente as súas probabilidades de resultaren elixidos, por tanto, teñen tendencia a inxectar estímulos na economía.
Os anos electorais tamén adoitan ser anos positivos para a bolsa, pero con menor consistencia. Pola contra, os anos postelectorais e o chamado ano de metade de mandato son os de peor desempeño bolsista.


No gráfico adxunto, elaborado por Oppenheimer, podemos apreciar a evolución media do índice S&P 500, desde 1929, nos ciclos electorais de primeiro mandato (liña azul). A liña vermella punteada, pola súa parte, mostra o desempeño do índice no actual ciclo presidencial. Por agora, parece que se axusta con bastante precisión á norma histórica.