Accesibilidade

Declaración de accesibilidade

O BBVA conta cunha política de sostibilidade orientada a xerar un impacto positivo na sociedade, buscando que ninguén quede atrás no noso propósito de acompañarte na túa vontade de chegares máis lonxe.

O noso compromiso coa accesibilidade e o deseño universal levounos a impulsar numerosas iniciativas para eliminar calquera barreira que poidan encontrar os usuarios.

O BBVA comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web, de conformidade coa Lei 11/2023, do 8 de maio, de transposición de directivas da Unión Europea en materia de accesibilidade.

Esta declaración de accesibilidade aplícase ao portal público bbva.es e tamén á banca en liña, tanto na súa versión web como na súa aplicación móbil para Android e iOS.

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente accesible conforme a Lei 11/2023, do 8 de maio, debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación. 

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

Falta de conformidade coa Lei 11/2023, do 8 de maio.

BBVA.es e banca en liña web:

  • Criterio 1.4.4. Aínda que o usuario pode incrementar o tamaño do texto, é posible que en determinadas situacións a interface non se adapte correctamente.
  • Criterio 1.4.10. Ao incrementar o tamaño do texto, a interface non se reorganiza en columnas para facilitar a lectura.
  • Criterio 2.1.1. Nalgúns casos existen problemas de interacción co teclado.
  • Criterio 2.1.2. Nalgún caso, existen elementos que capturan o foco do teclado.
  • Criterio 2.4.6. Nalgúns casos existen incidencias en definición de etiquetas.
  • Criterio 3.3.2. Nalgúns casos existen instrucións pouco claras ou ausentes para manipular certos compoñentes.
  • Criterio 4.1.2. Existe un compoñente que posúe un rol desaxeitado.
  • Criterio 4.1.3. Nalgúns casos as mensaxes de estados son comunicadas incorrectamente.
  • Criterio 4.1.2. Nalgúns casos existen compoñentes con deficiencias na súa construción que poden provocar dificultade ao utilizar ferramentas de apoio.
  • Gráficas: respecto á visualización de datos en gráficas, poden aparecer problemas referentes aos seguintes criterios:
    - Criterio 1.4.1: uso da cor.
    - Criterio 1.4.11: contraste de elementos non textuais.
    - Para mitigar estes problemas, nalgúns casos móstranse os datos de forma alternativa como datos tabulares. Seguimos traballando para trasladar todas as nosas gráficas a un formato accesible para todos.

Aplicación móbil banca en liña BBVA:

  • Criterio 1.4.4. Por limitacións de tamaños de pantalla en dispositivos móbiles, restrinxiuse o aumento do texto a un 120% en lugar do 200% especificado na normativa.
  • Criterio 1.4.10. Ao incrementar o tamaño do texto, a interface non se reorganiza en columnas para facilitar a lectura.
  • Criterio 2.1.1. Nalgúns casos existen problemas de foco en elementos non interactivos.
  • Criterio 2.2.1. Por motivos de seguridade, a sesión de usuario non permite estender o tempo desta.
  • Criterio 2.4.7. Nalgúns casos existen elementos non visuais que recollen o foco de tabulación.
  • Criterio 3.3.2. Nalgúns casos existen instrucións pouco claras ou ausentes para manipular certos compoñentes.
  • Criterio 4.1.3. Nalgúns casos as mensaxes de estados son comunicadas incorrectamente.
  • Gráficas: respecto á visualización de datos en gráficas, poden aparecer problemas referentes aos seguintes criterios:
    - Criterio 1.4.1: uso da cor.
    - Criterio 1.4.11: contraste de elementos non textuais.
    - Para mitigar estes problemas, nalgúns casos móstranse os datos de forma alternativa como datos tabulares. Seguimos traballando para trasladar todas as nosas gráficas a un formato accesible para todos.
 

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 1 de xuño de 2025 e está baseada nas avaliacións realizadas cos nosos equipos expertos en accesibilidade co apoio de avaliacións periódicas dos nosos provedores en accesibilidade.

Debido ao alto volume de actualizacións sobre o existente, da creación de novas funcionalidades ou contidos nas nosas webs e aplicación móbil, ademais da constante avaliación da accesibilidade que levamos a cabo, é posible que algúns dos problemas descritos xa non sexan de aplicación no momento da lectura desta declaración.

Observacións e datos de contacto

Si detecta que algún contenido de este sitio web no es accesible o si tiene alguna duda en relación con la accesibilidad de este sitio web, puede comunicarlo en esta dirección de correo consultasgenerales@bbva.com o llamando a Línea BBVA 900 102 801.

Si realizada la solicitud de información accesible o queja hubiera sido desestimada, o el usuario no estuviera de acuerdo, podrá poner una reclamación al Centro de Ayuda de BBVA.

Atendemos persoalmente cada barreira detectada polos nosos clientes e traballamos activamente para solucionalas o máis axiña posible.

Procedemento de aplicación

Se pondrá en marcha un procedimiento de aplicación adecuado y eficaz al que debe recurrirse en caso de que la respuesta a la comunicación o a la solicitud sea insatisfactoria.

Contido opcional

Queremos eliminar calquera barreira de accesibilidade que poidan encontrar os usuarios, e por iso incorporamos aos nosos procesos de traballo o enfoque necesario para conseguilo:

  • Navegación por teclado ou co uso de axudas técnicas como lectores de pantalla.
  • Contrastes de cor segundo as ratios definidas no estándar.
  • Uso e coherencia de encabezamentos, botóns e ligazóns.
  • Semántica e aplicación do estándar WAI-ARIA nos elementos complexos de interacción.
  • Pautas de linguaxe clara e comprensible.

Queremos recordar a nuestros clientes que, para las gestiones relacionadas con sus productos contratados con BBVA, si no tienen la posibilidad de contactar vía telefónica, pueden hacerlo de forma escrita a través de nuestra banca online en el apartado "Mis conversaciones".

Selo ILUNION de accesibilidade: banca en liña móbil BBVA

Ilunion certificou co seu Selo Ilunion de Accesibilidade o traballo realizado en eliminar as barreiras na nosa banca en liña de particulares, tanto na versión web como na aplicación móbil.

Caixeiro fácil

Cada vez son máis os caixeiros da nosa rede que poden ser usados cunha interface simplificada e guiada por audio. Coñece máis sobre a asistencia guiada por audio nos caixeiros BBVA.

Ademais, habilitamos as operacións de “Sacar diñeiro”, “Consultar saldo” e “Cambiar PIN” de maneira que o usuario pode utilizar o teléfono móbil como lector de pantalla ou conectado a unha liña Braille.

Caixeiro de alto contraste

Xa está dispoñible nos nosos caixeiros a interface de alto contraste que facilita o uso a persoas con baixa visión ou baixo as condicións ambientais que o requiran.

Caixeiro sen contacto

Desde a nosa aplicación móbil podes facer unha retirada de diñeiro en caixeiro e, se o desexas, terás asistencia auditiva co teu lector de pantalla no momento da retirada.

Linguaxe clara

Seguimos traballando nos nosos contratos e fichas de produtos para facelos máis comprensibles. Ademais, cada vez son máis os documentos PDF accesibles e utilizables con asistencias técnicas como lectores de pantalla.