Préstamos e créditos BBVA

Consulta a nosa oferta de préstamos e créditos, pide o financiamento que necesitas.

Medidas para paliar os efectos da DINA

Se o teu fogar foi afectado pola DINA, infórmate sobre financiamento co apoio de axudas e indemnizacións a fogares.

Se pertences a un colectivo profesional, no BBVA os teus proxectos están máis preto

  • Introduce no simulador o nome da túa empresa ou mutua.
  • E benefíciate de condicións especiais no teu préstamo para levar a cabo os teus plans.

Simulador de préstamos persoais

Realiza unha simulación dos nosos préstamos. Elixe o que necesitas e indica o importe, a finalidade e o prazo para coñecer a túa cota mensual.

Ofrecémosche a nosa gran variedade de tipos de préstamos persoais ou créditos para que encontres o que mellor se adapte ao que procuras. Cos nosos préstamos persoais, poderás comezar a realizar calquera proxecto ou soño que teñas na mente. Poderás pagar a longo prazo, ata 8 anos a partir de 3.000 €.

Poderás encontrar rapidamente o préstamo persoal que máis encaixe coas túas necesidades, como o Préstamo Rápido Online sen Documentos para novos clientes, por se necesitas entre 3.000 e 20.000 € só coa túa nómina ou pensión, o Préstamo Coche Online de ata 75.000 € para pagar en 8 anos ou o Préstamo Anticipo Nómina, no que che adiantamos ata 3.000 € con ata 6 meses de prazo na devolución. Non esperes máis e consulta todas as nosas propostas para encontrares o préstamo que precisas.

Financiamento suxeito á aprobación previa do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

Necesitas máis información?